Guitarrista autodidacta dende 1984. Foi fundador, guitarrista, compositor e arranxista do grupo de música folk Calimbornio co que realiza xiras por grande parte do norde de España e a Bretaña francesa.

Como docente impartiu clases de guitarra na Asociación "Alfredo Brañas" de Carballo, en "Tempo Novo" de Elviña (A Coruña), profesor de "Cordas folk" na Escola da Vaca de Ferrol e no Conservatorio de música tradicional e folk de Lalín (Pontevedra).

Entre 1996 e 2000 é guitarrista, compositor e arranxista do grupo Luar na Lubre co que grava os discos "Plenilunio" Warner Music, 1997 e "Cabo do Mundo" Warner Music, 1999, ambolosdous discos de ouro en vendas, e recebe dous premios da SGAE á mellor canción (nas que exerceu de intérprete e arranxista) e outro ao mellor disco de folk. Nesta etapa comparte escenario con Mike Oldfield, The Coors, Skydance... En 1994 crea o Projecto Ninguém, co que grava un CD ("Ball-cans", Runa Records, 2000) coa colaboración de 42 músicos de todo o mundo e que se convirte nun espectáculo multiartístico (música, danza, teatro, pintura e escultura, todo en directo), e co que actuará até o ano 2000. Paralelamente, exerce de compositor, arranxista, productor e/o intérprete para a discográfica coruñesa Runa Records.

En 2002 entra a formar parte de la NOVA GALEGA DE DANZA.