 |
Aprende gaita
e percusión tradicional galega na Asociación "Monte
Medela" de Cesuras, e na Banda de Gaitas "Os Rexumeiros"
de A Coruña. Posteriormente realiza estudos de batería
e percusión latina (Carlos Gándara e Miguel
Cabana), armonía, arranxos e composición na Escola
Municipal de Jazz da Coruña.
Como percusionista ten actuado co violinista
Antón Seijo (ex-Milladoiro), coa gaiteira Susana
Seivane, coa orquestra Os Key, e na actualidade forma
parte do prestixioso cuarteto tradicional Luvas verdes, co
que ten acadado tódoslos premios posibles da música
de raíz en Galicia.
|
|
Composicións súas son interpretadas
por diversos grupos, destacando dúas delas gravadas pola
gaiteira Susana Seivane no seu disco de presentación
("Susana Seivane", BOA Music, 1999).
Ten impartido clases de percusión tradicional en diversas
asociacións e grupos.
Dende 2002 forma parte, como percusionista,
da compañía NOVA GALEGA DE DANZA.
|
|