Fórmase de xeito autodidacta na música tradicional galega. É membro fundador do grupo de música tradicional Rumbadeira co que edita os discos: "Para cantar como eu canto", "Rumbadeira" e "No faiado dos soños", neste último exerce tamén de productor, ao igual que no disco das pandereiteiras Xiradela.

Comeza a tocar a gaita aos 11 años. Posteriormentn realiza estudos de acordeón da man doutro tamén Xabier Díaz. Tres anos de canto con Carmen Rey, armonía con Antonio Peña, e forma parte de agrupacións folclóricas como Xacarandaina de A Coruña (onde desenvolve técnicas de percusión tradicional varias), e diversos cursos coma o realizado cunha solista das voces búlgaras entre outros.

Ten colaborado nos discos "Nin tanto nin tampouco"do grupo Ruote, "Circo Montecuruto"de Os Cempés, "Hepta"de Berrogüetto (nominado aos Grammy 2002), e acompañando en directo a Amancio Prada, Luar na Lubre, e outros.

En 2003 convírtese na voz cantante da compañía NOVA GALEGA DE DANZA.