|
O 5 de abril de 2002 debutan,
baixo a denominación de Compañía Trintaetrés,
no I Maratón de Danza de Madrid, celebrado no Teatro
de Madrid, onde son premiados co 4ª posto entre máis
de 70 compañías.
O 28 de xuño, son
seleccionados para o XI Certamen Nacional de Danza Española
y Flamenco, resultando finalistas.
O 12 de setembro de 2002
son convidados a participar na gala do X Aniversario del Teatro
de Madrid, da man de José Manuel Garrido, director do
Teatro de Madrid.
Entón a compañía
pasa a denominarse NOVA GALEGA DE DANZA.
En abril de 2003 son seleccionados
para o I Certame de Creación Coreográfica de Galicia
acadando o 2º premio.
A flamante compañía está
formada por tres bailaríns e tres bailarinas, e seis músicos
en directo: acordeón, gaita e saxo, guitarra, violino, percusión
e a imprescindible voz.
O seu primeiro espectáculo
"Alento" estréase o 8 de maio de 2003
no mesmo teatro que os viu nacer, o Teatro de Madrid.
|