NARF:
Inventando cancións para o século XXI

Volver ao punto de partida. Iso é o que fai Fran Pérez con NARF, proxecto co que sintetiza case vinte anos de aventuras musicais. NARF resposta á decisión de Fran Pérez de ollarse no espello e descubrir a súa propia linguaxe musical. Unha linguaxe moderna e seductora á vez dun compositor que se move polos sentimentos. Un idioma sen domar, impregnado dunha acidez nas letras que Fran Pérez dulcifica coa súa voz.

NARF é unha nova identidade para un músico inquedo, que investiga no ritmo e na harmonía. Para un inventor de formas de compoñer. Para un cancionista, como el se define. E é que Fran Pérez ten creado música rock, bandas sonoras para teatro e pezas infantís en películas de animación antes de chegar á síntese NARF.

A finais dos oitenta formaba parte de Nicho Varullo e Kinindiolas, grupos de rock que levaban as súas cancións estomacais polos locais de Santiago de Compostela. A necesidade de buscar espazos propios conduciuno xunto a un grupo de persoas comprometidas coa música e o teatro a formar parte da compañía Chévere, cuxas montaxes distinguíronse polas bandas sonoras orixinais compostas por Fran Pérez. Máis tarde abrirían a NASA, espacio artístico xa imprescindible en Galicia, e chegarían éxitos como o obtido coa opereta Annus Horribilis, considerado o mellor espectáculo musical pola crítica de Barcelona.

Con A Psicofónica de Conxo deixa de facer somentes música ao servicio do teatro para embarcarse nunha das aventuras musicais máis orixinais dos ultimos anos en Galicia. Disonancia e transgresión de xéneros que se pode apreciar nos dous discos que a banda ten gravado: Psicópolis e Extramundi. Fora de clichés e a contracorrente, características definitorias da marca Fran Pérez.

Sensible ás circunstancias que o rodean e convencido de que esta a tocarnos vivir un momento extraño no planeta, as inquedanzas de Fran Pérez téñeno levado a Portugal, onde traballa habitualmente coa compañía Trigo Limpo de Tondela. Modelo alternativo de xestión cultural, esta compañía portuguesa, unha das máis dinámicas do país viciño, encarga as bandas sonoras das súas montases a Fran Pérez. Con eles estivo xa na Expo de Lisboa e máis tarde en Hannover, acadando un enorme éxito cunha sorprendente consunción entre a parte visual e musical.

Con NARF, cuxo disco presentación Directo en Compostela conta co arroupamento de Marcos Teira á segunda guitarra e Pepe Sendón, na percusión evibráfono, volveu este ano a Tondela actuando na 14ª edición do Festival "Tom de Festa" compartindo cartel con Milton Nascimento ou Manecas Costa, entre outros. Tamén participou no espectáculo "Ao Pé da Letra" en Santiago de Compostela, un trinque da diversidade cuxos artistas tiñan en común colocar a palabra e a voz no centro das súas criacións.

Fran Perez ten alixeirado a súa abultadísima equipaxe para chegar a NARF coa intención de crear unha pasarela que o conecte coa pel do público. Para este amante de Bela Bartok, os Beatles e o rock de guitarras dos noventa, o reto está en seducir ao público coas súas cancións.

Cancións que son dardos sen punta, poemas contemporáneos que deixar doce sabor de boca, pezas lúdicas para combatir os demos deste século XXI sen agresividade. E é que NARF é a identidade dun músico impresionista que, cando se atopa ante o espello, contempla a un tipo que se ten especializado en novas formas de compoñer cancións. Cancións espidas que fan posible iniciar unha viaxe a lugares descoñecidos. En calquera momento. Xa.

[+ info sobre NARF na súa páxina web]
[+ info sobre NARF na súa páxina de Javier Ortiz]

Podes atopar o seu disco "DIRECTO en COMPOSTELA" nos seguintes PUNTOS de VENDA:
Edita: Changüi

- Casa das Crechas, Via Sacra, 3, Compostela
- Atlántico, Fonte de S.Miguel, 9, Compostela
- Borriquita de Belem, San Paio, 22 Compostela
- Librería Cao, Paseo da Ribeira, Foz-Lugo
- Bar O Recuncho, Pasarón e Lastra s/n Ribadeo-Lugo
- Disco Precio, Clérigos, 9-Lugo
- Pub A Candonga, CampoCastelo, 36 Lugo
- Pub Xarope, Malecón, 5, Sarria-Lugo
- Livraria Torga, Rúa da Paz 12, Ourense
- Pub Amadeus, Praza do Concello 2, Tui (Pontevedra)
- Café Liceum, Ramón González 16, O Porriño (Pontevedra)
- Discos Sinsal Audio, Galerías Príncipe 22, local 48, Rúa Principe, Vigo
- Librería Sisargas, Curros Enríquez 5, A Coruña
- Discos Portobello, Rúa Ciega, 3, A Coruña


Web oficial