Nordesía Produccións en WOMEX (Essen-Alemania):

A maior feira de Músicas do Mundo celébrase do 27 ao 31 de outubro

Nordesía Produccións estará presente no WOMEX, a maior feira mundial da chamada world music, que este ano celebrase en Essen (Alemaña) do 27 ao 31 de outubro. Esta cita para a industria musical, trinque de novas propostas e foro para o intercambio de ideas, acolleu na anterior edición celebrada en Sevilla a máis de dous mil delegados, 1.250 empresas de noventa paises, 250 xornalistas especializados, 300 stands e 35 espectáculos.

Nordesía Produccións acude a WOMEX co convencimento da importancia que ten a presencia internacional nunha empresa que cada vez traballa máis alá das fronteiras galegas. Amosar cal ten sido a súa traxectoria e dar a coñecer grupos e propostas artísticas son os obxectivos que se marca Nordesía Produccións nesta cita, na que xa ten estado presente en anteriores edicións. Este ano a proxección internacional de Xosé Manuel Budiño co seu disco Zume de Terra merece unha atención expecial despois de un ano de exitosas presentacións ao vivo en Galiza e no resto da península.

Zume de Terra é un novo concepto no contexto da música en Galicia. Para este novo lanzamento, Budiño contou con importantes colaboradores de diferentes xeografías como son o músico bretón Jacky Molard, os escoceses Capercaillie e Michael McGoldrick, o músico e productor Júlio Pereira, as voces de Sara Tavares (Cabo Verde) e a brasileira Lilian Vieira (Zuco 103). O artista asumiu íntegramente neste o traballo de composición, arranxos musicais, producción e gravación.

WOMEX, World Music Expo, é a feira anual máis importante a nivel internacional adicada por completo ás músicas do mundo (world music), ás músicas de raíz (roots), ao folk, á musica étnica e á tradicional. Nordesía Produccións leva xa varios anos asistindo a esta feira e, dende fai 4 anos, dispón dun stand dende o que traballar promocionando os artistas galegos.
Nestes anos de asistencia a WOMEX vimos constatando o gran interés que suscita a música galega entre promotores e medios de todo o mundo.

[+ info] web oficial WOMEX 2004