Carlinhos Brown

Sarau du Brown, venres 17 de xuño 2005, 22:00 h.
Coliseum A Coruña

Ciclo Música con Raices

organiza: Nordesía Produccións
colabora: Concello de A Coruña
patrocina: Caixa Nova

ENTRADAS: 18 euros en www.caixagalicia.es, 902 434443 e Centro Comercial Catro Camiños.

A vida de Carlinhos Brown mudou completamente nos últimos dous anos converténdose nun dos artistas de maior proxeccion mundial do momento. Discos, intervencións en películas e implicación en proxectos de carácter social, fan do bahiano a estrela mundial da música do momento. A conexión de Carlinhos Brown co público e o seu poder de convocatoria son absolutamente fascinantes.

O estado de Bahía en Brasil deu orixe a unha morea de músicos que sen dúbida levan conquistado ao mundo co seu talento. No bairo de Candeal Pequeno nacía Antonio Carlos Santos de Freitas. Na adolescencia decidiu facerse chamar Carlinhos Brown, nome inspirado por H. Rap Brown, militante do movemento dos Panteras Negras. Asi naceu o cantante, compositor e instrumentalista de carácter internacional que coñecemos hoxe.

Considerado un dos artistas máis creativos dentro da nova xeración de músicos brasileiros, Carlinhos está moi conectado ás últimas tendencias contemporáneas e o seu mérito fundamental ten sido acadar unha total integración entre os ritmos afro-brasileños e a música pop. A súa destreza para desenvolver novas experiencias musicais conduciuno ate un estilo moi persoal.

No ano 1985 Carlinhos Brown tivo o sue primeiro éxito; Luis Caldas, outro músico da xeración bahiana de artistas, gravou "Visao de Cíclope", a primeira composición de Brown que se convertiu nun éxito nas emisoras de radio. Ao final do ano houbo 26 composicións de Carlinhos nas playlists das emisoras de radio, fenómeno que lle proporcionou o Trofeu Caymmi, o premio máis importante de música Bahiana.

Un ano máis tarde Caetano Veloso, un dos iconos da música Bahiana e de Brasil, fixoo parte da súa banda e transformou a Carlinhos Brown no triunfo dos seus concertos. Axiña un público máis amplo, ademáis de productores e outros artistas brasileiros descubriron a Brown e decatáronse do seu potencial. Así xurdiron xiras internacionais xunto a Joao Gilberto, Joao Bosco e Djavan. Carlinhos xa estaba facendo música para o mundo.

Ate hoxe Maria Bethânia, Gael Costa, Nando Reis, Daniel Mercury, Herbert Vianna, até a banda heavy metal Sepultura, teñen traballado ou gravado composicións de Carlinhos Brown ou cantado con el. Proba desas frutiferas colaboracións é o exitoso disco Tribalistas xunto a Marisa Monte e Arnaldo Antunes.


O Entroido e CARLINHOS BROWN

O carnaval de Bahía sempre ten sido unha grande parte da vida de Carlinhos. El era un dos primeiros músicos en usar o tambor timbau, un instrumento que se usa durante as cerimonias relixiosas, nas rúas de entroido. O seu trio electrico, un gran caminón que leva enriba unha banda, sempre ten milleiros de persoas detrás.

Este artista singular tamén aplica as súas intuicións e o seu atrevemento a proxectos colectivos musicais; dese xeito xurde Timbalada. Este grupo formado por adolescentes e adultos, cantantes e compositores do barrio de Candeal pequeno e doutras comunidades de Salvador -é o máis visibel destes proxectos ate agora e xa gravou 8 discos, cada un dos cales ten sido producido por Brown.

En novembro de 2002, Carlinhos Brown recibiu o premio UNESCO na categoría de xuventude. Este recoñecemento débese a que é o fundador da Associaçao Pracatum Açâo Social, APAS, no Barrio de Candeal Pequeno, históricamente unha das barriadas máis pobres de Salvador de Bahía.

A primeiros de setembro de 2003 unha nova distinción para o musico bahiano, desta vez o Grammy Latino na categoría de "Mellor Album Pop Contemporáneo Brasileño" por Tribalistas, xunto a Marisa Monte e Carlinhos Brown. Este album vendeu máis de un millón e medio de copias.

Na súa carreira en solitario Carlinhos Brown sempre sorprende polo seu alto nivel técnico, presente en todas as súas produccións, polo coidado e mimo con que trata as súas cancións, evidenciando as súas multiples influencias culturais e o seu don transformador. O seu primeiro disco en solitario Alfagamabetizado foi aclamado pola crítica en 1996. No ano 1998 seguiulle o album Omelete Man, no cal se deu un cambio de estilo desde o son axé e no que Carlinhos cantaba algúns dos temas en inglés. Tres anos despois "Bahía do Mundo, Mito e Verdade" saía publicado revelándose como un punto de encontro entre Brasil e África, entre o rock e o jazz, entre o pop e a música contemporánea.

A vea latina sae a relocir en Carlinhos Brown es Carlito Marrón (2003) . Segundo explica o artista este disco "é un proceso de relatinización. Este proceso que ven do corazón non está investigado nos libros, non está estudiado, é un proceso oral, é o que teño aprendido cos meus viciños, cos meus amigos, escoitando música do mundo enteiro e principalmente dentro da miña familia".

É un disco contaxioso, para os ouvidos máis esixentes. Provoca que o corpo baile guiado polos innovados sons ancestrais da formación da musicalidade latina, traspasando os ritmos caribeños, atravesando Europa e alcanzando o Oriente. Carlinhos Brown levou a maxia deste disco por Europa e Estados Unidos, participando en festivais multitudinarios como o Roskilde en Dinamarca, o Amsterdam Roots Festival ou o Nice Jazz Festival.

No ano 2004 o Forum das Culturas de Barcelona pediu a Carlinhos Brown que leve a Barcelona por primeira vez o entroido de Bahía. O artista conseguiu que ao redor de 400.000 persoas se reuniran no Paseo de Gracia da cidade catalana.

Durante xullo e agosto Carlinhos actuou nalguns dos festivais máis importantes da península: o Festival de Jazz de Donostia, festas do San Fermín de Pamplona ou La Mar de Músicas de Cartagena. Pero sen dúbida onde deu boa proba da súa capacidade de convocatoria foi na Festa dos Mundos na praia de Santa Cristina (Oleiros) ante máis de cen mil persoas que vibraron co que foi o grande protagonista deste multitudinario festival.

A comezos de setembro Carlinhos Brown foi galardoado co Grammy Latino polo Mellor Album Contemporáneo Brasileño polo seu album Carlito Marrón. Asimesmo, en Barcelona, xunto a Fernando Trueba e Bebo Valdés, foi nomeado pola ONU-Hábitat como Mensaxeiro da Verdade. Coincidindo con isto e coa clausura do Forum, celebrouse a estrea europea da nova película de Trueba, El milagro de Candeal. O filme narra a viaxe a Salvador de Bahía de Bebo Valdés a través do cal coñece aos protagonistas da vida cotiá da comunidade de Candeal así como os proxectos sociais que se están a desenvolver en dita comunidade. O musical social El milagro de Candeal conseguiu dous Premios Goya, un na categoría de mellor documental e outro pola mellor canción, Zambia Mameto, composta por Carlinhos.

Vinte mil persoas disfrutaron dos novos temas da película e dos éxitos de Carlinhos no concerto especial que deu o dia despois da estrea da película no Recinto do Forum.

    DISCOGRAFÍA:
    • "Carlinhos Brown es Carlito Marrón" (2003)
    • "Bahía do Mundo-Mito e Verdade" (2001)
    • "Omelete Man" (1998)
    • "Alfagamabetizado" (1996)

    Participación en obras colectivas:
    • 2004 "El milagro de Candeal", Varios artistas
    • 2004 "Carlinhos Brown y DJ Derol presentan Candyall Beat"
    • 2002 "Tribalistas" con Arnaldo Antunes e Marisa Monte
    • 1992 "Bahía Black - Ritual Beating System", Varios Artistas (producido por Bill Laswell)
    • 1985 "Brasileiro" Sergio Mendes (Grammy ao mellor album de World Music)

Formación Verán 2005
Carlinhos Brown
Artista
Ana Oliveira
Voz
Paulo Caldas
Voz
   
Léo Bit Bit
Percusionista
Boghan Costa
Percusionista
Marquinhos
Percusionista
Élber
Percusionista
Dedé Reis
Percusionista
Jaguar
Guitarra
Toni Duarte
Baixo
Mikael Mutti
Teclados
Bilú do Paraíso
Trompeta
Rodrigo Galvão
Saxofón
Rainer Kruppe
Saxofón
Alex Batista
Trombón