|
Antony
and the Johnsons
Hai unha especie de mito polo cal, os grandes artistas crean illados
do mundo, recluidos. Un non ten máis que achegarse a calquera
das dez cancións do novo album de Antony and the Johnsons
para decatarse de que isto é unha absoluta falacia, e asegurarse
á vez da singularidade e orixinalidade de Antony, ese personaxe
de rasgos andróxinos que é tamén The Johnsons.
¿Escoitáchedes algunha vez
unha voz como esta, imbuida da emoción trascendental do blues,
unha voz que se desprega sen adornos, cunha simplicidade que lembra
nalguns momentos á dun troveiro medieval, unha voz que nos
abraia ao chegar ás notas máis altas como se fose
un neno? ¿Ou esas cancións imposibeis de encadrar
en calquer tipo de xénero ou identidade, cancións
que evocan sentimentos tan poderosos como a nostalxia, o amor, o
desexo ou a perda? Non. Porque Antony é excepcional. Pero
para nada el está só.
I Am a Bird Now é o segundo album
de longa duración deste extraordinario artista de Nova York.
Máis acompañantes. Porque hai contribucións
de coetáneos (Rufus Wainwright, Devendra Banhart), e de heroes
(Lou Reed, Boy George). A súa participación é
a consecuencia da admiración que sinten por Antony, e o seu
lugar único na comunidade de arte contemporánea. "A
presencia de cada un na gravación mostra o seu lado máis
único, e teñen feito unha contribución creada
especialmente para eles", di Antony. El encargouse dos arranxos
dunha maneira meticulosa, como un director de teatro creando un
gran cadro vivo sobre o escenario. "Involucrar a outra xente
faime sentir menos solitario", engade Antony. "Fixen o
album dunha forma intuitiva, do modo en que sentía que quería
que se fixera. E toda esta xente foi unha verdadeira inspiración
para o disco".
Como eses libros que te emocionan e reconcilian
coa lectura, como cando rematas de ver unha película e quedas
cravado na butaca do cine, o novo disco de Antony and the Johnsons
vaiche facer comprender o sentido de adicarse a isto da música.
www.antonyandthejohnsons.com
|