Sarau du Brown

Á venda as entradas para o concerto de Carlinhos Brown o
     17 de agosto nas Festas da Peregrina de Pontevedra


A partir do 19 de xullo pódense adquirir en CaixaGalicia, Hiper Froiz de Cobian Roffignac e en Discos Vázquez Leiscalle (Rúa Xeneral Gutierrez Mellado, 8).

Carlinhos Brown
Sarau du Brown
Recinto Feiral de Pontevedra
Mércores 17/08/05. 22:30h.

Organiza: Nordesía Produccións
Patrocina: Concello de Pontevedra. Colaboran: Ingasur e ConstruCuatro.
Prezo das entradas: 15 euros (anticipada). 18 euros (taquilla).

Entradas en:

www.caixagalicia.es, no 902 434443, Hiper Froiz, Cobián Roffignac e Discos Vázquez Leiscalle.

O Sarau du Brown é o título do espectáculo co que Carlinhos Brown chega a Pontevedra o vindeiro 17 de agosto para encher de enerxía o Recinto Feiral durante ao redor de dúas horas nas que o obxectivo do artista é que o público disfrute bailando. O martes 19 de xullo póñense xa a venda as entradas para o concerto do bahiano, que se poden mercar no servicio ticketing de CaixaGalicia, no Hiper Froiz Cobían Roffignac e en Discos Vázquez Leiscalle. O prezo, 15 euros na venda anticipada e 18 euros en taquilla.

O bahiano promete un show trepidante dentro das Festas da Peregrina no que fará un percorrido polos grandes exitos. Recentemente lanzouse unha edición especial do seu traballo Carlito Marrón que inclue DVD e temas extras.

Non hai dúbida que se trata do artista de moda. A súa imaxe está asociada á fusión de estilos que caracteriza á música mundial deste século e a receita do seu éxito baséase na combinación de ritmos afro-bahianos con sons máis contemporáneos. Carlinhos Brown recalará na Coruña inmerso nunha exitosa e multitudinaria xira de concertos con paradas nos principais eventos musicais da península. Neste novo espectáculo que presenta, Sarau du Brown, o artista fai un repaso pola música de Carlito Marrón, El Milagro de Candeal e o supervendas Tribalistas, que gravou xunto a Arnaldo Antunes e Marisa Monte.

Carlinhos Brown subirá ao escenario cunha gran banda formada por: os percusionistas Leo Bit Bit, Boghan Costa, Marquinhos, Elber, Dedé Reis, o guitarrista Jaguar, o baixo Toni Duarte, Mikael Mutti aos teclados, e na sección de vento, Rodrigo Galvao, Rainer Kruppe e Alex Batista.

Carlinhos Brown sempre sorprende polo seu alto nivel técnico, presente en todas as súas produccións, polo mimo con que trata as súas cancións, evidenciando as multiples influencias culturais e o seu don transformador. Don que o público que se achegue a Pontevedra poderá comprobar o día 17 de agosto en directo.


    DISCOGRAFÍA:
    • "Carlinhos Brown es Carlito Marrón" (2003)
    • "Bahía do Mundo-Mito e Verdade" (2001)
    • "Omelete Man" (1998)
    • "Alfagamabetizado" (1996)

    Participación en obras colectivas:
    • 2004 "El milagro de Candeal", Varios artistas
    • 2004 "Carlinhos Brown y DJ Derol presentan Candyall Beat"
    • 2002 "Tribalistas" con Arnaldo Antunes e Marisa Monte
    • 1992 "Bahía Black - Ritual Beating System", Varios Artistas (producido por Bill Laswell)
    • 1985 "Brasileiro" Sergio Mendes (Grammy ao mellor album de World Music)