|
O venres 11
de novembro a partir das 21 h. os sons da gaita de Xosé
Manuel Budiño escoitaranse na viguesa praia de
Bouzas. O espectáculo titulado A
Festa do Mar enmárcase no programa de actividades
que festexan a saída da Volta ao Mundo de Vela do porto de
Vigo e foi presentado en rolda de prensa no concello vigués
o martes 8. Tras un ano no que levou o seu terceiro disco
Zume de Terra por diferentes puntos de Europa e no que
recibiu o premio Opinión ao mellor disco publicado en 2004,
a presencia do artista moañés nos actos de celebración
da Volta ao Mundo de Vela,
que parte de Vigo o 12 de novembro, garante esa fusión espectacular
entre tradición e vangarda que o ten convertido nun dos músicos
máis destacados do país.
[+ info: Volvo
Ocean Race]
|