|
A
música de NARF continúa
trazando liñas no mapamundi nunha viaxe de sons que chega
agora a Polonia. Recén chegado de Maputo (Moçambique)
onde prepara o seu proxecto xunto ao grupo Timbila Muzimba,
NARF en solitario chega ás cidades de Varsovia e Cracovia.
Na primeira delas actuará o sábado 3 de decembro
ás 18:30 no Klub Indeks (Ul. Krakowsbie Predmiescie 24/www.indeks-klub.pl),
un dos espazos máis dinámicos da cidade polaca que
conta cunha programación musical variada e contínua.
En Cracovia poderán disfrutar do directo de NARF ao día
seguinte, o domingo 4 de decembro ás 18:30 no famoso club
de jazz U Louisa (Runek Glówny 13/www.ulouisa.com).
Á volta de Polonia, NARF actuará en Queluz-Massaná,
perto de Lisboa, no TeatroEsfera xunto ao actor e director teatral
Quico Cadaval.
[+ info: www.psicofonica.com/narf.html]
[+ info: Directo
en Compostela 2004]
|