Sumario
2002 · 2003 · 2004 · 2005 · 2006...
Estadísticas Nordesía. Solicitude de Contratación.

“Aló Irmao” sorprende no Womex 08

Publicado por Nordesía Produccións o 10 de Novembro de 2008 Enviar isto

Manecas Costa ( Guiné Bissau) e Fran Pérez “NARF” ( Galiza) colleitan un dos éxitos máis celebrados e unánimes do Womex 2008 coa  súa  presentación  en  Sevilla, capital mundial da world music por uns días.

A forza e conexión da parella de artistas conquistou, sen dúbida,  a propios e alleos  pola  calidade e a sensibilidade á hora de irmanar dous mundos, o africano e o europeo, a través de  cancións que conseguiron arrincar os aplausos máis sinceiros da velada no teatro Lope de Vega.

“ Aló irmao, ¿ onde é que nos vamos encontrar?”

O CICLO SONS DA DIVERSIDADE PRESENTA MANU DIBANGO (Camerún)

Publicado por Nordesía Produccións o 6 de Novembro de 2008 Enviar isto

Domingo 9 de novembro. Auditorio de Galicia

 manudi_2006-2aweb.jpg

 sons-08b.png

Manu Dibango chegou a Europa como un estudante de tan só 15 anos, mais grazas ao seu extraordinario talento e o seu amor crecente polo jazz, pronto optou por unha vida consagrada ás aventuras de tipo musical. Co jazz soando en cada recanto, París era o lugar perfecto para Manu onde escoitar e aprender. Manu descubriu a música de Armstrong, Ellington, Young e Parker e toda a vida multifacética do ambiente do jazz parisiense.

A súa primeira estadía na capital francesa foi relativamente breve, xa que o gran Kabasele invitou a Manu a tocar música congolesa co seu grupo, African Jazz. Aceptou a invitación e regresou a África. O seu amor polo jazz, dunha banda e a música tradicional africana, doutra, incitárono a experimentar para combinar varios estilos diferentes e crear a súa propia mestura. Coa súa curiosidade innata e a súa sensibilidade, Manu sempre se interesou por estilos diverxentes e diferentes músicas. Unha primeira toma de contacto coa súa música déixalle a quen escoita un regusto de jazz, reggae, rap e outros elementos.

(más…)

SONS DA DIVERSIDADE PRESENTA A SEGUNDA PARTE DA PROGRAMACIÓN DO SEU QUINTO ANIVERSARIO

Publicado por Nordesía Produccións o 17 de Outubro de 2008 Enviar isto

 sons-08b.png

A proposta da Concellaría de Cultura para viaxar na diversidade neste quinto aniversario de Sons da Diversidade, contou e conta cunha programación de altísima calidade, consolidándose como unha das citas máis relevantes do calendario cultural. Veremos no escenario do Auditorio de Galicia artistas como Fuxan os Ventos, Manu Dibango e Aynur, que estiveron precedidos na primeira parte de Moving Hearts, Ute Lemper, Uxía, Tom Zé, Laurie Anderson e Rufus Wainwright.

 

FUXAN OS VENTOS PRESENTAN “TERRA DE SOÑOS”

 fov_07w1.jpg

Moitos aspectos da música actual de Galiza non se entenderían sen Fuxan os Ventos. Case dúas décadas despois de que o grupo fixese a súa última actuación, o espectáculo Terra de soños bríndalles a oportunidade de gozar de Fuxan os Ventos tanto á xente que os coñece, lembra e ten aínda presentes como ás novas xeracións. Estas, por veces, sen seren conscientes do que significou o grupo para a música tradicional galega, herdaron cantos populares como A Carolina ou Sementeira, que xa forman parte do ouvido musical deste país. Fuxan os Ventos foi, nomeadamente, un grupo comprometido coa identidade de Galiza e cos atrancos que esta sociedade tivo que superar ao longo da súa historia recente. Foron, e son, un grupo que soubo transmitir as súas letras de pólvora e chegar a todas as capas da sociedade e en galego, cousa impensábel na metade da década dos setenta.

(más…)

Seguinte páxina »