O País da Comedia

Sinopse

Trátase da adaptación libre dun formato de comedia musical con éxito internacional no que un grupo de coñecidos actores e actrices galegos falan con humor e ironía do noso xeito de ser e de entender o mundo, acompañados de música en directo e dun espectacular despregue de luz e son.

"O País da Comedia" está especialmente recomendado para un público adulto que poderá atopar caras amplamente coñecidas na pequena pantalla como Ernesto Chao, Mabel Rivera, Santi Romay ou Carlos Blanco xunto con Quico Cadaval, o máis internacional dos contacontos de Galicia.

Pensado especialmente para Teatros e Casas da Cultura, "O País da Comedia" tenta achegar ao noso país un espectáculo que triunfa en todo o mundo, pero falando de nós e dende nós, sempre co humor por bandeira e o directo como compromiso imprescindible.

Doce persoas, entre actores, músicos e técnicos compoñen o equipo de "O País da Comedia", que foi estreado en Fene, como peche do Congreso de Humor que alí tivo lugar no mes de Decembro de 2001. Este espectáculo se está representando actualmente por toda Galicia e mesmo está prevista unha versión en castelán para se achegar ata outras latitudes.

Nordesía Produccións
teatro@nordesia.com

Tlf: +34 981 555930
Fax: +34 981 557276

Web Ampliar Ficha Técnica