Karen Matheson

Considerada como a mellor cantante gaélica da actualidade e coñecida sobre todo polo seu traballo con Capercaillie, a formación máis popular da música celta, Karen Matheson presentase como solista no noso país aínda que nesta ocasión acércanos o seu segundo traballo discográfico en solitario "Time to fall". O ton xeral deste disco marca unha diferencia clara con traballos anteriores, mergullando de cheo nun melodismo de tempos medios e lentos, con algúns paisaxes lounge e so nalgúns coros descubrimos as reminiscencias da súa carreira de grupo.

Karen herdou a súa vos pura e emotiva da súa avoa, unha cantante orixinaria das illas Hébridas, dela aprendeu a modular a súa voz e vellas cancións que incorporou ó seu repertorio.

Ó seu éxito como cantante de Capercaillie temos que sumarlle o éxito das súas colaboracións en proxectos como "Heritage de Celts" con Donal Luny, Dan Ar Braz, o cantante bérber Idir, Emmylou Harris, The MacGarrigle Sisters, Nanci Griffiths, Paul Brady, Secret Garden ou Tommy Smith.

A primeira vez que o actos Sean Connery escoitou a súa voz na película "Rob Roy" non puido conter a súa emoción: "Parece unha gorxa tocada polos deuses". Á súa voz sublime temos que engadir unha colección de cancións que confirman o seu lugar entre as cantantes máis respectadas internacionalmente. O repertorio que presenta en solitario destaca por unha serie de baladas de extraordinaria beleza e inclúe cancións de corte máis electrónico e experimental.

En directo vai acompañada por recoñecidos músicos da escena escocesa entre os que destaca James Grant, fundador de Love & Money e Friends Again, Ewen Vernal de Deacon Blue, James Mackintosh de Shooglenifty ou Donal Shaw de Capercaillie.

A Voz de Capercaillie en Concerto !!!


Mércores 19 de Febreiro - Santiago de Compostela
Auditorio da Universidade 21:00 horas

Venta de Entradas:
Entrada única: 10 Euros

Discos Gong
Casa das Crechas
902 888 902
ticktackticket.com
Web Ampliar