|
CICLO
TRIBOS IBÉRICAS. As Músicas da Diáspora.
Este
ano celébrase o IV Ciclo Tribos Ibéricas organizado
pola Universidade de Santiago de Compostela e que programa durante
6 meses 2 concertos mensuais en Santiago de Compostela e Lugo.
Os
diferentes grupos que participan no Ciclo teñen á particularidade
de ser artistas estranxeiros residentes na Península de aí
o subtítulo de As Músicas da Diáspora, o Diccionario
da Real Academia da Língua describe a palabra diáspora
como: "Dispersión de grupos humanos que abandonan a súa
lugar de orixe", permitindo afondar e percorrer dende diferentes
ópticas e aspectos a situación da comunidade inmigrante
residente nos países da Península Ibérica.
Próximos
Concertos Nordesía
Ialma
- Galiza / Bélxica
A
participación de Ialma neste ciclo ven a poñer o contrapunto
na temática escollida á hora de facer a programación
do ciclo. Este grupo de mulleres de orixe galego residen en Bruselas
e comparten escenario con músicos belgas facendo unha música
mestiza onde as melodías de raíces galegas están
acompañadas con arranxos de outras rexións do mundo.
Despois
dun primeiro álbum «Palabras darei», estreado en
xaneiro do 2000, de numerosos concertos en Bélxica, en varios
países europeos, IALMA volta hoxe cun novo traballo: «Marmuladas».
O estreo deste álbum, producido e distribuído por Zoku
/ EMI, realizouse no mes de abril do 2002. O resultado é sorprendente.
De sonoridade acústica, atopamos unha frescura de voces cunha
musicalidade acrecentada, os arranxos son máis sutís
cunha grande variedade de melodías. Con este traballo, o grupo
espera alcanzar un público máis amplo, sen por iso alonxarse
do mundo folk.
|