|
"Cando
conto á xente que vimos de Zece Prajini, é como si
lles dixera que vimos do fin do mundo. Pero é que o fin do
mundo é o lugar ideal para tocar a nosa música"
dí o trompetista Costica Trifan.
Situado
ao este de Rumanía e a un paso da república autónoma
de Moldavia, o pobo Zece Prajani, que significa "as dez parcelas"
e está ao final dun camiño imposible ao pe das montañas.
Toda a rexión caracteríza-se polo seu aillamento, o
seu terreo impracticable e a poesía particular dos seus habitantes.
Pola
noite, cando o vento se calma, o eco transporta os sons da música
que interpretan as fanfarrias. Ahí é onde viven os músicos
de esta orquesta de metais chamada Fanfare Ciocarlia.
A
orixe das orquestas de metais xitanas remóntan-se ás
fanfarrias militares turcas que apareceron ao principio do século
XIX. A ocupación otomana influenciou durante longo tempo nesta
rexión do mundo que agora coñecemos como Bulgaria, Moldavia,
Macedonia, Serbia ou Rumania.
Dende
entón a música transmíte-se de xeneración
en xeneración sin interrupción ningunha. Todos os fins
de semán os músicos saen de casa cos seus instrumentos
e acompañan bodas e outras ceremonias.
Existe
unha fantástica simbiosis entre os músicos máis
xóvenes e os máis maiores. Cando os mestres entonan
as notas máis difíciles, os xóvenes respetuosamente
en silencio moven os dedos sobre as trompetas esperando que os ancianos
lles den a entrada e lles permitan tocar. E como pensan que a música
non debe parar-se na tradición deíxan-se inspirar por
melodías máis contemporáneas do cine hindú
ou americano adaptándoo ao seu estilo incomparable.
|