Uxía & Joâo Afonso
Para celebrar que á música e ao canto corresponden comunicar a emoción -e o pensamento- deses lugares próximos (Galiza e Portugal), das cancións que están no ar e que son de tod@s. Cantar é unha forma de ofrecer a alma, de aproximarmonos, de coñecermonos.

Seguiremos xuntos os trazos, as pegadas desta nosa lingua partindo da súa orixe, da literatura galaico-portuguesa medieval.
Lembraremos así mesmo os cantos que nos foron aproximando dende que nos coñecimos, hai agora máis dunha década, fundamentalmente os do seu tío Zeca que nos seguen a emocionar, e as nosas propias composicións inspiradas nesa raiz común.

Neste ir e vir, os nosos camiños cruzáronse en moitas ocasións para comprobar que temos unha sensibilidade parella, un gusto pola palabra cantada, polas historias cotiás, un respeto pola nosa cultura que nos fai fieis ás nosas orixes.

Ogallá poida perpetuarse esta proximidade, se normalize esta relación de afecto que sempre existiu e fagamos votos para unha comunicación máis fluída e desperxuizada, para sentírmonos parte da mesma raíz lingüística e histórica.

Cantaremos nesa nosa lingua e sentiremos o noso canto perto de Recife, Açores, Mindelo, Maputo, o Alentejo...¡Tan diferentes e tan iguais!. Encantaríanos poder compartir o amor profundo que profesamos á nosa orixe, a que nos liga tamén a todos estos lugares que sobrevoamos a través da música, a literatura, a pintura...

Nunca camiñaremos en solitario,
neses territorios aínda por descubrir...

"Seremos muitos, seremos alguem..." Zeca Afonso

Uxía & Joâo Afonso en Concerto !!!

Xoves 15 de Maio de 2003 na praza de Santa Maria. Lugo.
ás 21:00 HORAS

Teléfono de Información: 981 555930
Web oficial
Fotografía: Cristina Brea
Máis Información sobre Uxía:
Biografía