|
BERROGÜETTO
comezou o 31 de Xullo unha xira por Inglaterra, Bélxica e Italia
para participar en algúns dos mellores e máis recoñecidos
Festivais que se realizan nestes países.
Deste
xeito BERROGÜETTO continúa a ser un dos artistas galegos
máis demandados na escena internacional ao ser ésta
a décima xira consecutiva que o grupo realiza por terras
europeas nos últimos seis anos.
BERROGÜETTO
comezou a sua xira en Eastleigh, unha pequena vila ao sul de Inglaterra
no que se celebra un festival que é xa toda unha referencia
na súa rexión e no que Berrogüetto tocou xunto
a consagrados artistas do rock e do pop como Bob Geldof, The Levellers
ou The Drifters.
Os
festivais de Sidmouth (49ª edición) e Cambridge (39ª
edición) son xunto a Glastonbury os máis importantes
festivais no seu xénero; nestes festivais BERROGÜETTO
compartiu escenario con artistas como La Bottinne Sourriante, Afro
Celts, Shooglenifty, Orchestra Baobab e un longo etcétera
de grandes artistas procedentes na sua maioría do mundo da
música folk e "world music".
O
festival de Dranouter é o máis importante de cantos
se celebran en Bélxica; en Dranouter Berrogüetto tivo
a oportunidade de tocar xunto a artistas pouco habituais dos Festivais
Folk como é o caso da tamén galega Luz Casal ou de
artistas ben coñecidos da escena internacional como Hooverphonics,
Gotan Project, Trilok Gurtu, Beth Gibbons...
Os
concertos en Macerata e Altamura forman parte dos concertos que,
BERROGÜETTO ven realizando en Italia nos últimos anos;
país no que a banda galega conta cun importante numero de
seguidores, especialmente do norte do país. Os concertos
que terán lugar os días 9 e 10 de Agosto terán
como escenario duas fermosas vilas do centro e sul do país,
esta zona do país aínda non fora visitada polo grupo
nos numerosos concertos que o grupo realizou en Italia, o último
deles foi en Milán en Maio pasado, no que o grupo arrincou
longas e emotivas ovacións da audiencia.
Durante
estes seis meses do 2003, Berrogüetto apresentou o seu último
traballo discográfico HEPTA, en diferentes localidades de
España, Portugal e Italia para comezar agora unha xira internacional
que se prolongará no 2004 en países como Holanda,
Francia, Escocia, Alemania, Canadá, Brasil...
BERROGÜETTO
foi nominado
aos "Grammy latinos" ao mellor album Folk no
ano 2002 polo seu traballo HEPTA.
BERROGÜETTO
prepara neste 2003, varios proxectos para o ano 2004 entre os que
se atopa a provable edición dun disco que inclúa o
material gravado en anos anteriores para unha serie de TV sobre
as enerxías renovables.
|