Con motivo da celebración da IV Feira do Humor de Pontevedra, o actor Carlos Blanco fará a estrea dun novo e exclusivo espectáculo de humor a petición do Concello de Pontevedra.

Este espectáculo está concibido como un xeito comprimido e áxil de amosar ao espectador os diferentes xéneros narrativos da tradición oral existente na Galicia dos nosos días; unha combinación única de humor e música dirixida e concibida polo máis recoñecido contador e comunicador galego.

Vía Oral por Carlos Blanco.
Un espectáculo concibido para un espacio ao aire libre, cun tempo aproximado de 100 minutos, música en directo e, sobre todo, humor.

Trátase da palabra, da narración, dun espectáculo onde analizaremos un tempo e un pais: este que nos toca vivir.

Farémolo dun xeito áxil, mesturando a música coa palabra, xogando con diferentes estilos de narrar, desde o cantar de cego, a regueifa ou o rap.
Partimos dun esquema recoñecible polo público, o formato dado a coñecer polo denominado Clube da Comedia, o clásico satnd-up comedy saxón, de éxito actualmente entre nós.

Pero queremos ir un pouco máis aló. Rachar ese esquema un tanto ríxido e previsible, para ofrecerlle a un público intelixente algo máis.

Haberá, por suposto, stand-up comedie, e para eso contaremos con nomes como Patricia Vázquez, Santi Romay ou Carlos Blanco, de probada traxectoria neste xénero. Pero tamén a arroutada oral de Xurxo Souto, con historias do mar contadas a ritmo vertixinoso e con apoio da música.

Queremos tamén achegarnos a un xeito novo de narrar: o rap, historias urbanas contadas para os/as máis novas e de aí a presencia do rapeiro máis prestixioso do pais D.J. Heavy, compoñente do grupo No Residents e un probado rimeiro e improvisador.

Como contraste, Vía Oral ofrece tamén a presencia da regueifa musical de Luís Caruncho e Benito Lobariñas, músicos e regueifeiros de ampla traxectoria no pais e que experimentan con nós o traballo que veñen desenvolvendo nos últimos tempos.

E dado que contaremos cunha banda de autentico luxo, e tendo en conta que entre os/as artistas presentes, hai voces tan importantes como a de Patricia ou Xurxo, preparamos un fin de desta musical que, sen dubida, sorprenderá ao público.

Trátase por tanto dun esforzo de producción, un total de …. artistas en escena, e unha proposta que consideramos novedosa, atractiva e con posibilidades de satisfacer plenamente a demanda dun público intelixente, crítico e participativo.

Unha Producción de Carlos Blanco e NORDESíA PRODUCCIóNS S.L. para a Feira do Humor do Concello de Pontevedra.

Organiza e Patrocina: Concellaría de Cultura do Concello de Pontevedra

Para máis información contactade con Nordesía Produccións:
Isabel Vilaseco 981 555 930 ou info@nordesia.com
[Nota de prensa do proxecto]