CONCERTO CANCELADO

Nordesía Produccións presenta:
KARAKASEKETÉ Tour '03
Sábado 13 de Decembro

MULTIUSOS FONTES DO SAR (Santiago de Compostela)
Apertura portas 20:00 horas CONCERTOS 20:30 horas

con:
OJOS DE BRUJO
...+
DJ Rodolfo Poveda
(Trópico Utópico - Radio 3) 20 :30 horas
...+
Non residentz
(hip hop galego - Santiago ) 21:30 horas
...+
Clotaire K
(Oriental Hip Hop - Beirut/Montpellier) 22:30 horas
...+
OJOS de BRUJO
00:30 horas
...+
Fun-Da-Mental dj's
(Sounds of mass destruction Live Sound System) UK 02:45 horas
...+
DJ Panko
03:45 horas

O Multiusos Fontes do Sar recibe nesta ocasión o espectáculo KARAKASEKETÉ Tour '03, proxecto a cargo do grupo OJOS DE BRUJO.

OJOS DE BRUJO despide un ano moi especial con máis de 120 concertos por medio mundo, que colocaron á banda nunha posición internacional inusual no panorama musical estatal, como demostra o último mes en
Europa, onde se presentou o disco en Oslo, Estocolmo, Londres, Aveiro e París, culminando o tour con cheo absoluto en todos os concertos.

KARAKASEKETÉ Tour '03 é o número musical co que OJOS DE BRUJO pecha os seus concertos (un xoguete rítmico de flamenkillo onomatopéyico) e neste caso, o nome da xira que pechará "barí" e o 2mil3 . 8 Festa-Concertos en 8 cidades con artistas do ámbito nacional e internacional de diferentes raíces que se autoproducen e traballan ó marxe de multinacionais. Artistas que demostran que se poden editar traballos sen caer nos tópicos do marketing.

Este espectáculo pensado en especial para cada unha das cidades que o acolle reúne arredor de OJOS DE BRUJO ós artistas e DJ's máis relevantes do panorama internacional, grupos de diferentes raíces con mesmos destinos quéntanse na fogueira e invocan memoria dende o escenario. Combatir o esquecemento e recordar o presente. Músicas que lanzan chamas a corazóns dispostos a escoitar o queixido do planeta Terra. Convertir unha festa-concerto en celebración de conciencia mediante a música. Artístas que elíxen o camiño da autoedición e manteñen unha actitude valiente e crítica...

ENTRADAS:
...anticipada: 15:00 Euros
...taquilla: 20:00 Euros

PUNTOS DE VENTA:

Santiago:
"Casa das Crechas"
"Discos Gong"
"Tipo Santiago"

A Coruña:
"Discos Noni's"
"Portobello"

Lugo:
"Skoita"

Vigo:
"La Columna"
"Elepé"

Estas son as cidades que poderán desfrutar co KARAKASEKETÉ Tour '03:

VENRES 5 DE DECEMBRO EUSKADI » BERGARA » SALA JAM
OJOS DE BRUJO + TTUKUNAK + DJ PANKO + DJ FLORO

DOMINGO 7 DE DECEMBRO ASTURIAS » AVILÉS » SALA QUATRO
OJOS DE BRUJO + DJ CHARLY FABER + DJPANKO

XOVES 11 DE DECEMBRO BARCELONA » PAVELLÓ DE VALL D¹HEBRON
OJOS DE BRUJO + S.O.M.D. FUNDAMENTAL DJ¹S + CLOTAIRE K + DJ DIEGO MANRIQUE + DJ PANKO

VENRES 12 DE DECEMBRO MADRID » LA CUBIERTA DE LEGANES
OJOS DE BRUJO + S.O.M.D. FUNDAMENTAL DJ¹S + CLOTAIRE K + LA EXCEPCIÓN + DJ TEO SÁNCHEZ + DJ PANKO

XOVES 18 DE DECEMBRO GRANADA » INDUSTRIAL COPERA
OJOS DE BRUJO + TALLER DE COMPÁS DE ALMANJÁYAR + DJ IPEK

VENRES 19 DE DECEMBRO MÉRIDA » SALA DISCOTEATRO
OJOS DE BRUJO + DJ IPEK + DJ PANKO

SÁBADO 20 HUELVA » TRIGUEROS
OJOS DE BRUJO + TALLER DE COMPÁS DE ALMANJÁYAR + MEGASESSION FIN DE GIRA DUELO DE TITANES CON: DJ IPEK + DJ PANKO + DJ CHARLY FABER

Ojos de Brujo Ojos de Brujo nace dunha inquietude por atopar puntos en común entre diferentes músicas, entre diferentes ritmos, entre culturas. O proxecto que hoxe se presenta ten xa cinco anos ás súas costas. Cinco anos de coñecer xente, de madurar ideas e de experimentar entre músicos de distintos oríxenes.
Hip hop, funk, reagee, son cubano, ragga, … son algúns dos colores que se fusionan con cancións que parten de palos tradicionais do flamenco: tangos, colombianas, bulerías, tanguillos, bulería por soleá, rumba, etc… É un complemento de varios ingredientes que extraído de raíces nacidas en terras moi diferentes (Cuba, Barcelona, Valencia, Córdoba, La Trinitat, Colombia.......) É un alimento de vida, que proporciona benestar e beneficia o organismo. O seu segredo consiste na MESTURA que reúne na súa equilibrada proporción.

Tódolos aminoácidos esenciais para a saúde. 40 gramos de flamenco, 20 de hip-hop, outros 20 de funk, 10 de latín e outros 10 gramos de ragga. Axitar, tomar e gozar.

En directo, a forza dun caixón flamenco, o peso dun baixo, o compás da guitarra, as cores da percusión latina e o soniquete de jaleos e palmas transmiten, xunto á rítmica voz do ragga e o "scratching", unha frescura diferente. O lema é: En escena, "Chegamos e liámo-la"…

Unha rumba, un tango ou unha bulería; son cubano ou unha simple canción improvisada; un bailecito flamenco ou incluso un "Break dance" por bulerías. Todo sirve para coller ó público por sorpresa e facer disto unha festa.
Actualmente Ojos de Brujo está facendo tamén espectáculos coa mira un pouco máis ampla engadindo decoración con diapositivas, espectáculo de guaguancó, Dijeys para antes e despois do bolo, músicos convidados (Loli, baile flamenco; Abdul, baile africano; Max, percusión e voz; Roy, trompeta; Shan, scratches) iluminación… Estamos falando das festas.

As letras de Ojos de Brujo xiran en torno a unha paradoxa: a filosofía da vida e o vacilón do aquí e o agora.. A producción do disco levouna a cabo "La Fábrica de Colores", un colectivo de artistas que traballan distintas artes enfocadas a un mesmo proxecto, neste caso o de Ojos de Brujo.

"La fábrica de colores" é unha asociación de artistas que pretende servir de plataforma artística para chegar ó público e crear unha interacción entre distintos campos da arte: música, baile, teatro, literatura, cine, animación, vídeo, fotografía, son, debuxo, espectáculos, etc; dando a importancia que merece cada pequeno detalle que contén un proxecto.
[+ info]


Non Residentz Están un inglés, un brasileiro e un galego empurrando un tren sen frenos costa arriba... esto que nun principio pode parecer dun chiste é unha boa definicion de NON RESIDENTZ son o clásico trio de rap de 2 mcs e un dj: Lord Keison-dj | Brasi-mc en portugués | Hevi Mc en Galego
[+ info]

Clotaire K Hip Hop dende Montpellier e Londres con raíces orientais (Beirut-Exipto). Directo brutal e enerxético. Letras reivindicativas e raciais que en moitos casos reflexionan sobre racismo e desigualdades sociais. Participou no Womex (Sevilla 2003) con grande éxito. Grupo emerxente no panorama internacional.
[+ info]

Fun Da Mental presenta: "Voices of Mass Destruction" no que participan Shamil, UK Apache, Kashaan e Aki Nawaz. A Selk Destructive voz e ritmo con visuais para dixerir algúns dos máis desafiantes temas de dance floor. Dende o pinxismo ata o semi directo, Fun Da Mental presentará novos temas do seu novo album.
Shamil ex compoñente de The Nu Conscious Kaliphz | UK Apache, The actual Original Nutter e Bad Marsh and Shiri | Kashaan de the underground hip crew GHAD.
[+ info]