|
NORDESÍA PRODUCCIÓNS
S.L. nace no ano 1996 integrada por profesionais de longa
traxectoria no ámbito empresarial e cultural, como empresa
de servicios especializados, NORDESÍA abarca a producción
total de calquera tipo de acontecementos artísticos e culturais:
Música, teatro, danza, instalacións, multi-media, etc.
As accións levadas a cabo por NORDESÍA
PRODUCCIÓNS S.L. encádranse maioritariamente
no ámbito musical e teatral no que trata de ser unha empresa
altamente especializada, sobre todo no referente ao coñecemento,
tratamento e comercialización de músicas procedentes
de continentes e culturas diversas.
NORDESÍA TEATRO
comeza a súa andadura no ano 2001 no que presenta, en coproducción
co IGAEM a obra Eliana en Ardentía de Roberto Salgueiro,
texto gañador do premio Alvaro Cunqueiro no ano 2000.
Ampliamente apoiada pola crítica Eliana en Ardentía
realiza unha importante xira por diversas cidades galegas ao longo
do ano 2002.
No ano 2002 e tras unha excelente acollida no ámbito
da producción teatral, NORDESÍA
TEATRO aposta por un formato completamente distinto ao
teatro de época plantexado con Eliana. Desta volta embárcase
na producción de O País da Comedia, adaptación
libre dun formato con éxito internacional no que un grupo de
coñecidos actores e actrices galegos coma Santi Romay, Mabel
Rivera, Ernesto Chao e Quico Cadaval, capitaneados e dirixidos por
Carlos Blanco falan con humor e ironía da nosa particular forma
de ser e de entender o mundo, acompañados da música
en directo dos Cool Hamster. A forza, sinxeleza e sobre todo o achegamento
ao público dun espectáculo destas características
fixo de O Pais da Comedia un rotundo éxito en toda Galicia,
conseguindo gracias á espectacular acollida do público
encher teatros galegos que resultaba difícil lembrar con asentos
baleiros.
Na súa teima de plantexarse novos retos NORDESÍA
TEATRO presenta neste ano 2003 DILLEI; mistura de
teatralidade e música, novas tendencias, a stand-up comedy,
instalacións de video en pantalla xigante, dj en directo e,
coma non, moito humor. Todo isto e moito máis leva consigo
DILLEI, un novo camiño e un novo xeito de entender,
ver, oir e disfrutar do musical en Galicia.
|