|
DILLEI
propón un novo camiño para o musical
en galicia; un espectáculo onde a teatralidade e a música
se conxugan indisolublemente.
DILLEI
parte na busca de novos públicos, coa
música en directo tanto tradicional coma electrónica,
a narración dun dos mellores contadores de hoxe en día,
Carlos Blanco, e unha posta en escena espectacular cun amplio despregue
de luz, son e mesmo proxeccións de video en pantalla xigante.
DILLEI
componse de dous "corpus" centrais,
prologados pola lectura/recitado dun poema cedido por Antón
Reixa para o espectáculo, caracterizado polo peculiar humor
e xeito de escrita de Reixa.
No
primeiro dos grandes "corpus" ironízase sobre a música
tradicional, as súas letras, as cantigas, os comportamentos
de todos e todas fronte delas; ¿quén inventa esas letras?,
¿qué queren dicir?, ¿ter un amor en Rianxo e
outro en Vilagarcía non é bigamia?, ¿canta xente
fai play-back cando soa o himno galego?. A estas e outras moitas preguntas
tentamos dar reposta.
Como
enlace entre as dúas grandes partes de DILLEI
serve (segundo a propia definición do
narrador) un monólogo mutante, un espacio que o director, autor
e narrador de DILLEI, Carlos Blanco reserva exclusivamente para el,
para contar as súas historias, sen guión, sen trabas
e sen censuras.
O
segundo grande "corpus" de
DILLEI achégase
ao futuro, á ciencia ficción, un xénero pouco
ou case nada abordado na nosa escena. Unha historia épica narrada
en base ao texto de Carlos Blanco e apoiada na poesía de Lucía
Aldao, escrita e adaptada especialmente para o espectáculo.
"Pandereteirax"
é a historia de catro super-heroínas (Xiana, a muller
aturuxo; Lúbrica, a muller tres en unha; Tebra, a muller da
negra sombra e Amarga, a muller sen alcume) que se atopan e coñecen
nunha noite do ano 128 despois do Prestige na entón capital
de Galaecia: As Pontes de García Rodríguez.
A
presencia do dj que da mesmo nome ao espectáculo non é
obviamente casual. Ademáis dun profesional que aportará
ritmo e estilo ao espectáculo, o dj supón nos nosos
tempos unha figura en auxe.
O
dj é un suministrador de ritmos, un pequeno dictador que decide
cándo e cómo os demáis deben bailar. En
DILLEI é
unha figura indiscutible.
Non
será todo obviamente, a presencia de catro actores-cantantes
en directo puntuará o discurso do narrador de xeito permanente.
Un diálogo entre tres será o cerne do espectáculo
pero ao mesmo tempo é tamén o risco e a novidade que
plantexa DILLEI.
DILLEI
fala de cousas entendibles e disfrutables por un público amplio.
Busca espectadores intelixentes, críticos, pero de calquera
idade. Propón unha visión dunha Galicia moderna, capaz
de sorprender e innovar. DILLEI
quere ser e será unha posta ao día do musical no noso
país.
|