16 de decembro 2003 - CAMPUS DE LUGO - 21:00 horas
AUDTORIO GUSTAVO FREIRE. ENTRADA LIBRE.

17 de decembro 2003 - CAMPUS DE COMPOSTELA - 21:00 horas
AUDTORIO DA UNIVERSIDADE. ENTRADA LIBRE.

Las leyes de creación en la música son igualmente concebidas para la vida, si uno las interpreta y cree en un infinito aprendizaje: una constante percepción de la Naturaleza hasta llegar a la Idea; ser el canal conductor para crear una obra de Arte.
La música vive en las esferas celestiales, en el Cosmos, ¡Es una manifestación de los Dioses!
Siendo así, no puede haber prejuicios de cualquier índole entre sus creadores. Si las obras son concebidas con amor, cada cual tiene su propósito y llegan a su destino.
El ritmo y la percusión son la base (la Tierra) donde podemos afincar los pies y volar con sabiduría.
Intuición y Pensar, dos caminos para una mejor comprensión del Ser.

(Fernandinho Marconi)

ZUM-ZUÊH inicia a súa andaina no ano 2000, a partir dunha idea do percusionista brasileiro Fernando Marconi, que traballa en Europa dende 1986 e posúe unha ampla experiencia artística e docente. Fernandinho pretende ofrecer un espacio aberto á creación e a expresión artísticas, favorecendo o estudio e a investigación sobre a orixe e evolución da percusión tradicional e contemporánea a través da aprendizaxe individual e grupal, unha idea á que se foron sumando músicos de diferentes países: Brasil, República Dominicana, España, Arxentina, México, Venezuela, etc.

O nome do grupo, ZUM-ZUÊH, está inspirado en Argila, un tema do músico brasileiro Carlinhos Brown. Palabra onomatopeica que nos inspira movemento, vibración, harmonía... ou o que sucede na cociña - que é sempre o mellor de toda festa - e está relacionada co convencemento de que se pode espertar un sentimento de harmonía e equilibrio dentro do noso tempo creando o “caldo de cultivo” axeitado.

O grupo traballa integrando a recuperación de ritmos tradicionais da música popular brasileira, fusionando, ademais, ritmos americanos e africanos coa voz e a danza, elementos esenciais da comunicación e da expresión humana.

A forza do son do grupo baséase nunha instrumentación orixinal, que inclúe instrumentos de percusión brasileira, africana, cubana e compoñentes eléctricos e acústicos.

Unha instrumentación orixinal, que busca sempre novos timbres e cores, é a base do repertorio do grupo. Nela inclúense instrumentos típicos da percusión brasileira: surdos, caixas, repiniques (de orixe europea); ganzá, chéquere, agogô, caxixi, timbau (de orixe africana); zabumba, tamborim, pandeiro, triángulo (de oriente medio e norte de África), xunto a instrumentos de percusión latina (tumbadoras, clave, maracas, güiro, timbais, batás) e outros de percusión africana (djembé, dunun, tama). A musicalidade do espectáculo complétase con voces e compoñentes eléctricos (guitarras e baixo).

Diversos ritmos forman parte deste repertorio e cada un deles leva asociada unha danza. Entre os ritmos brasileiros atópanse: ijexá, samba, reggae, baião, maracatú, timbalada, samba e samba batucada.