|
20
de xaneiro 2004 - CAMPUS DE LUGO - 21:00 horas
AUDTORIO
GUSTAVO FREIRE. ENTRADA LIBRE.
21
de xaneiro 2004 - CAMPUS DE COMPOSTELA - 21:00 horas
AUDTORIO
DA UNIVERSIDADE. ENTRADA LIBRE.
Estamos
Palo QSea abrazados a los ángeles y a los diablos que
danzan junto a la vida y la muerte.
Porque
así es nuestra América Latina: alegría y dolor,
inocencia y crueldad, belleza y horror, miedo, muchos miedos cotidianos
impuestos desde siempre. Con nuestro deambular en carruaje, trapones
de colores y nuestra música, los exorcizamos hasta los abismos
del desvelo intentando liberar la fuerza vital que llevamos dentro.
Para atemorizar el miedo, Palo QSea.
Palo QSea
A compañía PALO QSEA naceu en 1987 en
Pereira, Colombia. Confórmano persoas que proceden de ámbitos
distintos, o que lle dá unha frescura e diversidade especial.
Esta diversidade móstrase tamén na mestizaxe do grupo,
posto que en Colombia entrecrúzanse as razas india, negra
e branca.
En
PALO QSEA está tamén reflectida esta
mestizaxe. De todas estas características xurde un grupo
cun gran carácter, aberto, alegre e caloroso, que ten como
filosofía promover a cultura colombiana para dar a coñecer
a riqueza espiritual, artística e histórica que esta
comporta.
PALO
QSEA chegou a Europa en 1992 invitado polo Festival Iberoamericano
de Teatro de Cádiz. Foi para eles a gran oportunidade de
abrirse ao mundo europeo. Decidiron quedarse en Barcelona, namorados
do Mediterráneo e da súa vida cultural.
Rompe
Candela é un pasarrúas e un espectáculo para
praza no que música, teatro e pirotecnia se confabulan para
explicar lendas da mitoloxía colombiana: a música
e o folclore afro-colombiano das costas do Atlántico e do
Pacífico; o teatro é a interacción co público,
a creación de monecos baseados nas lendas colombianas, a
técnica dos zancos, as máscaras, as cores, os bailes;
a pirotecnia chea de luz, cor e sorpresa, os espectáculos.
Rompe
Candela representa a loita do ben e do mal, os personaxes son lendas,
símbolos da cultura colombiana e mostran o equilibrio no
que vive o mundo. A música e os demos levan a alegría
contra as negras ambicións dos escuros seres en zancos. Os
monecos acompañan aos demos na súa defensa do ben.
|