10 de marzo 2004 - CAMPUS DE LUGO - 21:00 horas
AUDTORIO GUSTAVO FREIRE. ENTRADA LIBRE.

11 de marzo 2004 - CAMPUS DE COMPOSTELA - 21:00 horas
AUDTORIO DA UNIVERSIDADE. ENTRADA LIBRE.

HURACÁN DE FUEGO Grupo de Maracaibo que nace para bailar o cumaco, tambor negro venezolano.
Dirixido por Carlos Tález e Néstor Gutiérrez, o grupo ten recuperado tambores que os escravos levaron a América, algúns xa desaparecidos nos seus lugares de orixe (Congo e Angola). Son os cumacos, os chimbangueles, os culo 'e puya, os quitiplás, os tambores mina ou a campá de San Millán.

Os seus concertos teñen un dobre interese. Por unha parte, coñecer un Caribe diferente. Cancións de estructura musical africana, moitas veces utilizando o recurso de chamada e resposta, con textos en castelán e voces tipicamente caribeñas.

Por outra parte, aprender a mover o corpo segundo as leis do cumaco. Cando o espectador asiste a un concerto de HURACÁN, o ritmo anímao a moverse pero non lle valerán os pasos de salsa que todos coñecemos. Carlos Tález ensinaralles os rudimentos do sangueo ou do golpe de tambor, como mover os cadrís ao son do cumaco.

O periódico Liberation comentou sobre HURACÁN: "A súa música é unha orxía de ritmos cruzados, de cantos vibrantes, unha festa que comeza na danza e remata no transo" Xavier Gómez (LIBERATION, Francia).

E a revista máis importante de música étnica, a británica Folk Roots: "¡UAU! é a única palabra para describir a enerxía vital que desprende a música do nunca mellor chamado grupo HURACÁN DE FUEGO. Cada canción sorpréndete coas súas incandescentes capas de electrizantes percusións. Cumacos venezolanos, pero tamén aromas de calypso-soca, influencias de hip-hop e rap, e diálogos con outros tambores como os sagrados batá, as congas cubanas, o djembé senegalés ou as percusións do samba. (Charter Folk Roots, Inglaterra).

HURACÁN DE FUEGO ten presentado “Agua ’e coco” nos principais festivais europeos como o Cap Latino (Francia), Masala (Alemaña), Latinoamericando (Italia) ou Croydon (Inglaterra). Finalmente ven de presentar o seu directo no Womex, en Sevilla, acadando un gran éxito entre programadores e público en xeral.