20 de abril 2004 - CAMPUS DE LUGO - 21:00 horas
AUDTORIO GUSTAVO FREIRE. ENTRADA LIBRE.

21 de abril 2004 - CAMPUS DE COMPOSTELA - 21:00 horas
AUDTORIO DA UNIVERSIDADE. ENTRADA LIBRE.

O cuarteto de músicos profesionais TANGATA ven realizando dende a súa formación, hai máis de dez anos, a excepcional empresa de interpretar tangos e milongas cunha concepción puramente instrumental, nunha liña que comezou o compositor e intérprete Astor Piazzolla. O estilo de TANGATA ofrécenos unhas elaboradas versións dos máis destacados creadores do xénero.

O seu segundo traballo discográfico Trece, un número máxico e enigmático, responde por unha banda ó número de temas e pola outra á ousadía que supón invocar un número maldito e cargado de simboloxía.

O resultado certifica, unha vez máis, que estamos diante da máis importante formación do xénero de cantas actúan na Península Ibérica e unha das máis destacadas de Europa. Estamos ante un repertorio renovado, con interpretacións de compositores da talla de Emilio Valcarce, Julio de Caro, Pedro Laurenz, Julian Plaza, Eduardo Arolas e, como non, Astor Piazzolla coas Cuatro Estaciones como tema central, sen esquecernos tampouco de La Camposita ou El día que me quieras

Formación:
Artigas Anelo: bandoneón
Laura Quintillán: violín
Alberto Vilas: piano
Gustavo Adolfo Barcia: contrabaixo