|
25
de maio 2004 - CAMPUS DE LUGO - 21:00 horas
AUDTORIO
GUSTAVO FREIRE. ENTRADA LIBRE.
26
de maio 2004 - CAMPUS DE COMPOSTELA - 21:00 horas
AUDTORIO
DA UNIVERSIDADE. ENTRADA LIBRE.
ALTURAS,
nace en Lima o 22 de abril de 1978, no seo do coro Tuna Universitaria
Nueva Amistad (TUNA), dirixido naqueles tempos polo Dr. Aurelio
Tello Malpartida, distinguido musicólogo latinoamericano.
Desde entón manteñen unha actividade ininterrompida
difundindo, seria e profesionalmente, a realidade peruana a través
da música e da danza.
En
1990, realiza a súa primeira xira europea a través
da asociación de intercambio cultural entre Europa e América
Latina Alturas e.v. con sede en Karlsruhe, Alemaña. Actualmente
o Grupo reside en Madrid, desde onde desenvolve un importante labor
de difusión e interpretación dos diferentes xéneros
musicais do Perú e Latinoamérica, dando énfase
aos ritmos afroperuanos (procedentes dos escravos africanos levados
polos españois), pouco coñecidos fora de Perú,
facendo gala de poñer en escena máis de 50 instrumentos
diferentes, todos eles acústicos.
Ademais
de actuar en case todo o Perú, ALTURAS ten ofrecido
numerosos concertos e participado en festivais realizados en prestixiosos
escenarios de Alemaña, Austria, España, Francia, Inglaterra,
Italia, Portugal, Polonia, Suíza, ex-Unión Soviética,
Israel, Marrocos, Colombia, moitos deles representando oficialmente
a Perú.
Innumerables
comentarios da prensa especializada e varias produccións
discográficas, dan testemuña do labor de recompilación,
creación e difusión realizada por ALTURAS no
eido da música tradicional do seu país, así
como dos distintos e variados programas que presenta, dentro de
criterios dunha depurada calidade e profesionalismo. Por todo isto,
actualmente é considerada como a mellor agrupación
artística peruana no estranxeiro.
ALTURAS
son:
Edgar García Cassio, voz, mandolina,
charango, guitarra, percusión.
Lucho Medina Pajares, voz, caixón peruano,
percusións, charango e zampoñas.
Manuel García Reategui, voz, guitarra,
baixo acústico, quena, zampoñas e percusión.
Alberto Calderón Delgado, voz, instrumentos
de vento e percusión.
|