Foi en Galicia onde se recibiron as primeiras noticias do achado de Colón alén dos mares. Non sabemos se os habitantes da Baiona do século XV foron conscientes nese momento da transcendencia da noticia, pero o certo é que a partir dese acontecemento moitos foron (entreles milleiros de galegos) os que cruzaron o Atlántico para chegar ás "américas" á procura dunha esperanza, dun futuro, dunha nova vida. O tempo pasou, e agora viraron os ventos para seren os da outra beira os que aquí se achegan coas mesmas esperanzas. E nestas travesías de ida e volta, nas maletas do corazón sempre viaxaron as melodías e os ritmos da terra que quedou atrás. Melodías e ritmos que hoxe, coma onte, seguen a ser signos de identidade cultural que conforman un vehículo de achegamento, de encontro entre distintos, de descubrimentos mutuos. A Universidade de Santiago de Compostela, coa súa vocación universal sen fronteiras e co seu compromiso de transmitir valores humanos, quere co V Ciclo Tribos Ibéricas facer de caixa de resonancia das "américas" que hoxe están entre nós.

A quinta edición do ciclo de concertos Tribos Ibéricas está centrado nas novas tribos iberoamericanas. Neste sentido, o programa foi deseñado procurando a participación de artistas que cumprisen dúas condicións: por unha parte, que basearan o seu traballo nas músicas de raíz e, por outra, que a súa procedencia fose iberoamericana pero que estivesen actualmente residindo na Península Ibérica. Neste sentido, a selección inclúe 5 agrupacións procedentes orixinalmente de Brasil, Venzuela, Colombia, Perú e Uruguai que na actualidade están asentadas en Madrid, Cataluña e Galicia.

[+ info]
Traballa integrando a recuperación de ritmos tradicionais da música popular brasileira, fusionándoos con outros ritmos americanos e africanos e coa voz e a danza, elementos esenciais da comunicación e da expresión humana.

16 de decembro 2003 - CAMPUS DE LUGO - 21:00 horas
AUDTORIO GUSTAVO FREIRE. ENTRADA LIBRE.

17 de decembro 2003 - CAMPUS DE COMPOSTELA - 21:00 horas
AUDTORIO DA UNIVERSIDADE. ENTRADA LIBRE.

 

[+ info]
Exemplo da mestizaxe colombiana onde se entrecruzan as razas india, negra e branca. Grupo cun gran carácter, aberto, alegre e caloroso, que ten como filosofía promover a cultura de Colombia para dar a coñecer a riqueza espiritual, artística e histórica que esta comporta.

20 de xaneiro 2004 - CAMPUS DE LUGO - 21:00 horas
AUDTORIO GUSTAVO FREIRE. ENTRADA LIBRE.

21 de xaneiro 2004 - CAMPUS DE COMPOSTELA - 21:00 horas
AUDTORIO DA UNIVERSIDADE. ENTRADA LIBRE.

 

[+ info]
Traballan na recuperación dos tambores que os escravos levaron a América, algúns xa desaparecidos nos seus lugares de orixe (Congo e Angola). Os seus concertos permiten coñecer un Caribe diferente a través de cancións de estructura musical africana, moitas veces utilizando o recurso de chamada e resposta, con textos en castelán e voces tipicamente caribeñas.

10 de marzo 2004 - CAMPUS DE LUGO - 21:00 horas
AUDTORIO GUSTAVO FREIRE. ENTRADA LIBRE.

11 de marzo 2004 - CAMPUS DE COMPOSTELA - 21:00 horas
AUDTORIO DA UNIVERSIDADE. ENTRADA LIBRE.

 

[+ info]
Cuarteto de músicos que ven realizando dende a súa formación, hai máis de dez anos, a excepcional empresa de interpretar tangos e milongas cunha concepción puramente instrumental, nunha liña que comezou o compositor e intérprete Astor Piazzolla. O seu estilo ofrécenos unhas elaboradas versións dos máis destacados creadores do xénero.

20 de abril 2004 - CAMPUS DE LUGO - 21:00 horas
AUDTORIO GUSTAVO FREIRE. ENTRADA LIBRE.

21 de abril 2004 - CAMPUS DE COMPOSTELA - 21:00 horas
AUDTORIO DA UNIVERSIDADE. ENTRADA LIBRE.

 

[+ info]
Poñen a súa énfase nos ritmos afroperuanos, pouco coñecidos fora de Perú, facendo gala de poñer en escena máis de 50 instrumentos diferentes, todos eles acústicos.

25 de maio 2004 - CAMPUS DE LUGO - 21:00 horas
AUDTORIO GUSTAVO FREIRE. ENTRADA LIBRE.

26 de maio 2004 - CAMPUS DE COMPOSTELA - 21:00 horas
AUDTORIO DA UNIVERSIDADE. ENTRADA LIBRE.