Compositor de Guiné e unha das voces emerxentes no panorama musical africano. Un guitarrista virtuoso, compositor e intérprete que se arraiga na música da súa terra e nos sons máis contemporáneos. Tivo unha crítica excelente polo disco editado no selo da BBC cun álbum lanzado este mesmo ano "Paraíso di Rumbe". Este traballo encabeza as listas europeas da word musica que o sinalan como un dos grandes lanzamentos deste ano.

Compositor, instrumentista e intérprete de Cabo Verde. Comezou moi novo acompañando a coñecidos cantantes de diversos estilos. Ten un toque persoal e unha actitude creativa que o leva a propoñer unha nova sonoridade para o seu instrumento(cavaquinho). As illas de Cabo Verde foron a base das súas composicións pero recibindo tamén influencias do exterior, sobre todo da música popular portuguesa.
O seu álbum de debut será editado este ano. Jon Luz é un nome que hai que seguir nos próximos anos.

Un dos máis prestixiosos percusionistas da actualidade requirido por solistas cos que ten traballado estreitamente tales coma Dulce Pontes e João Afonso , entre outros, aos que aportou a súa versatilidade e unha base rítmica sólida e solvente. A súa orixe angolana está moi presente na súa formación pero en conexión con outras culturas africanas da área lusófona e con Portugal ou Brasil. É un referente para a nova xeración de percusionistas africanos que residen en Lisboa e participou en proxectos mestizos onde se mesturaba a música tradicional africana coa música popular portuguesa.

Guitarrista e compositor de Portugal que participou en proxectos musicais como os de Júlio Pereira, Ala dos Namorados e o do propio João Afonso a quen produciu os seus dous últimos dous discos: "Barco Voador" e "Zanzibar" . Formou parte dende o inicio do espectáculo "De Lés a Lés" ao que aportou a súa valía e o seu prestixio coma instrumentista. O seu nome está nos créditos de moitos dos mellores discos da música tradicional portuguesa e ten colaborado tamén con artistas africanos dos que ten aprendido a técnica guitarrística destas latitudes.

Unha das máis importantes voces do novo folc galego. Pertence ao grupo Berrogüetto ao que aporta tamén as súas frescas composicións (letras e músicas) nos últimos dous discos. É unha gaiteira excepcional e tamén se sumará a este espectáculo despois de ter colaborado en disco e en directo con Uxía en innumerables ocasións. Será unha oportunidade máis para gozar do seu talento e profesionalidade.

Fran Pérez "NARF" ten unha traxectoria moi ampla como compositor para teatro e música e hoxe en día é unha das figuras máis interesantes da música galega. Gravou un disco en directo que se editará en breve no que amosará toda a súa potencialidade creativa e a súa orixinalidade e personalidade. Ven presentarnos algunhas das súas composicións como avance deste traballo no que tamén demostra unha vinculación coa cultura portuguesa que na práctica o leva a vivir boa parte das súas experiencias artísticas do outro lado do Minho sendo autor de moitas das músicas do grupo de teatro Trigo Limpo. Tamén lanzou un C.D Rom "O Labirinto dos sonhos" con Pepe Sendón editado en galego e en portugués. No verán visitou Moçambique por segundo ano para cantar e rescatar desta terra as esencias da súa música tradicional.

É un dos pianistas máis relevantes da música galega, sendo fundador de Clunia Jazz. Foi decantándose progresivamente polo seu labor como productor e compositor de B.S.O para cine, teatro e televisión onde ten xa numerosos premios e unha dilatada traxectoria neste ámbito. Tivo un papel determinante na gravación do último disco de Uxía "Danza das areas" do que foi responsábel de arranxos e da producción. Tamén asumiu a dirección musical dos directos desta artista e do espectáculo "Son Delas" que a propia Uxía coordinou e dirixiu.
Web oficial
Fotografía: Cristina Brea
Máis Información sobre Uxía:
Biografía