Nordesía Produccións S.L. é unha empresa pioneira no sector cultural galego. Naceu en 1996 e dende aquela desenvolve o seu labor nos eidos do management e da distribución musical, así como no deseño, conceptualización, xestión e produción de proxectos culturais e artísticos.
As claves da súa traxectoria son a profesionalización, a especialización, a eficiencia, a innovación, a internacionalización e, sobre todo, o equipo humano que a conforma. Nordesía é unha empresa orientada ao traballo en rede con persoas, profesionais e empresas de diferentes lugares e culturas. Unha rede de innovación e de ideas. Unha rede capacitada para deseñar, producir e comunicar calquera tipo de proxecto. Unha rede formada por profesionais de longa traxectoria no ámbito empresarial e cultural, con longa experiencia en proxectos innovadores, multidisciplinares, cunha calidade artística incuestionable e adaptados ás necesidades concretas de cada cliente.
