Novidades

Aló Irmao en Brasil

Aló Irmao volve a Brasil. Narf e Manecas Costa actuarán o 14 de maio en Sao Paulo e o 16 de maio en Vitoria. O 17 de maio Manecas terá un encontro cos alumnos do SESI, para presentar o tambor d’agua. Á volta da viaxe atlántica, o primeiro disco de Aló Irmao, gravado ao vivo no Teatro Principal de Santiago, estará xa á venda.

Máis información en www.aloirmao.com
Fotos en www.flickr.com/photos/aloirmao
Para escoitar os temas: www.myspace.com/aloirmao

Mélissa Laveaux en xira

Mélissa Laveaux, a nova cantautora canadense de orixe haitiana, regresa aos escenarios españois o próximo mes de xuño, para participar no Festival de Guitarra de Barcelona, no que comparte cartel con artistas como Paco de Lucía ou Cesária Évora, entre outros.

Mélissa protagonizou en setembro un dos concertos máis eloxiados e lembrados do último festival BAM en Barcelona, nunha exitosa xira de presentación que tamén pasou por Bilbao, Ferrol e Madrid, ademais da súa presenza en festivais como La Mar de Músicas de Cartaxena ou o Jazzaldía de Donostia.

Mélissa Laveaux revolucionou a escena indie folk-rock coa súa irresistible fusión de influencias culturais: canción de autor, soul, rock, ritmos criollos, jazz, bossa nova… Os medios dixeron dela:

Rockdeluxe_Quim Casas
“Mestura de influencias que sempre suman e nunca restan: folk cosmopolita e alternativo coa vista posta en Brasil, Montreal, Bristol e, claro, Haití. Unha atmosfera que tamén se deixa levar pola música norteamericana e as sonoridades caribeñas, en mesturada liberdade. (…) Folk en cinemascope.”

ADN
“Mélissa Laveaux triunfou no seu debut na Mar de Músicas (…) Laveaux perfílase como unha voz que dará moito que falar aos selectos padais auditivos”.

La Vanguardia_Jordi Turtós
Pellizca as melodías coma se fose a vida niso. Peitea as harmonías cunha negritud indiscutible. Busca un espazo libre no que correr descalza. Refúxiase en Non Format!, selo dos inclasificables, para lograr este álbum de beleza fóra de catálogo.”

ABC
“Menos é máis; iso é o que conseguiu Mélissa Laveaux coa súa voz de timbres arenosos. Laveaux chegou hoxe a España cunha estraña serenidade para a súa idade, para triunfar e sorprender coa interpretación en directo dos temas do seu primeiro álbum”.

La Razón_Javier de Cambra
“Na Catedral Antiga, outra magnífica, a haitiense criada en Canadá Mélissa Laveaux. Toca a guitarra con seguridade de temoneiro e a súa voz lócese en inglés e no francés criollo haitiano. Naturalidade absoluta nunha colección de cancións que inmediatamente impoñen a súa existencia, a súa beleza e a súa verdade. Feliz xornada de grandes damas”.

La Verdad
“Seica porque a súa música é precisamente así, sorprendente e refrescante, entre tenra e inquietante, sedutora e de rexistro inusual, Mélissa Laveaux conquistou o corazón do público asistente cun concerto belo, entre a confidencia do segredo desvelado e o acento exótico. (…) A súa voz entre fráxil e profunda, lixeiramente áspera e con todo moi tenra, resulta turbadoramente atractiva (…) De onde dis que vén esta moza? O importante é onde vai: cara a algo grande.”

Máis información en:
Web de Mélissa Laveax
MySpace Mélissa Laveax

Axel Krygier triunfa no Babel Med Music

O multi-instrumentista arxentino Axel Krygier, autor dunha música moi persoal influenciada polos ritmos latinos e pola electrónica, triunfou na última edición do Babel Med Music, de Marsella. A súa é unha proposta variada e sorprendente cun groove contaxioso, melodías elegantes, unha estrutura sinxela pero efectiva e letras intelixentes e orixinais.

Máis información e vídeos do Babel Med na web de Mondomix
Máis información de Krygier na súa Web e no seu Myspace“>myspace

Tenore di Bitti en Los Sonidos de la Biodiversidad

tenoresdibitti_mg_23631

A Fundación Caja Castellón-Bancaja ofrece, por décimo ano consecutivo, de marzo a xuño, a edición de primavera do ciclo Los Sonidos de la Biodiversidad, que en decembro de 2007 cumpriu os seus 50 concertos e foi galardoado co Premio Onda Cero da Música 2007 en VINOS Premios Onda Cero Castellón. Este novo ciclo de Los Sonidos de la Biodiversidad ofrecerá as músicas de importantes artistas de Chequia, Sardeña, Taiwan e Turquía. Entre as actuacións estrela deste ano atópanse os Tenores dei Bitti.

Tenore di Bitti “Mialinu Pira” é unha formación de Canto a Tenore, un estilo popular polifónico, característico da cultura pastoral da rexión sarda de Barbagia e unha das formas máis antigas de canto na área mediterránea, cuxa orixe se remonta a 3.000 anos atrás e que desde 2005 forma parte do patrimonio inmaterial da humanidade da UNESCO. O uso de voces guturais e cantos de entonación tradicionais converten esta arte milenaria en única e impoñente. O grupo dos Tenores dei Bitti está composto por Omar Bandinu, Marco Serra, Bachisio Pira e Arcangelo Pittudu e participou en prestixiosos concertos e eventos en todo o mundo. Caracterizado por un estilo menos duro que os outros estilos vocais de Sardeña, conta con investigadores do patrimonio musical e voces exemplares dun alto nivel interpretativo. A pesar do seu apego polo tradicional, o grupo tamén colaborou en varios proxectos con arranxos tenores en pop, música contemporánea e clásica e teatro e realizou varias gravacións en Italia e no estranxeiro. A actuación será o 23 de abril ás 20h, no Salón de Actos da Cámara de Comercio de Castelló.

+ info:
Web
Myspace

Narf gaña o María Casares

pmc_cartel_2010

Fran Pérez Narf conseguiu onte o premio de teatro María Casares á mellor música orixinal por “O Segredo dos Hoffman”, de Lagarta Lagarta. Este é o sexto María Casares que consigue o músico compostelán.

A relación completa de gañadores nos XIV premios de Teatro María Casares:
Mellor Maquillaxe: Fanybell por “Testosterona”, de Chévere.
Mellor Vestiario: Cloti Vaello por “Bicharada”, de Berrobambán.
Mellor Iluminación: Suso Díaz por “A Esmorga”, de Sarabela Teatro.
Mellor Música Orixinal: Fran Pérez Narf por “O Segredo dos Hoffman”, de Lagarta Lagarta.
Mellor Adaptación-Tradución: Begoña Muñoz e Carlos Couceiro por “A Esmorga”, de Sarabela Teatro.
Mellor Texto Orixinal en Galego: Mofa & Befa por “Shakespeare para ignorantes”, de Producións Teatráis Excéntricas.
Mellor Escenografía: Suso Díaz por “A Esmorga”, de Sarabela Teatro.
Mellor Actor Secundario: Tito R. Asorey por “A Esmorga”, de Sarabela Teatro.
Mellor Actriz Secundaria: Rebeca Montero por “O Segredo dos Hoffman”, de Lagarta Lagarta.
Mellor Actor Protagonista: Toño Casais por “Palabras Encadeadas”, de Talía Teatro
Mellor Actriz Protagonista: Belén Constenla por “O Segredo dos Hoffman”, de Lagarta Lagarta.
Mellor Dirección: Compartido por Rosa Álvarez, por “O Segredo dos Hoffman”, de Lagarta Lagarta, e Artur Trillo, por “Palabras Encadeadas”, de Talía Teatro.

7 voces fundamentais da música galega actual, xuntas no Rosalía de Castro

sereas_portada_def

Uxía participa este domingo, día 7 de maio, ás 7 do serán no espectáculo Sereas, que recolle a creación feminina de 7 nomes fundamentais das voces galegas da actualidade e, con elas, propón un percorrido pola presenza da muller galega na música e unha reflexión sobre a súa invisibilidade histórica. O evento terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e contará coa presentación de Yolanda Castaño e coas actuacións de Mercedes Peón, Ugia Pedreira, Guadi Galego, Rosa Cedrón, Silvia Penide e Sonia Lebedynski, ademais da propia Uxía.

Máis información na web de Uxía

Uxía participa nun disco de compositoras brasileiras

compositoras

Uxía participa no proxeto Compositoras, unha iniciativa brasileña que reflexiona sobre o talento da muller como creadora musical no contexto da música popular brasileña. Cristina Saraiva, Etel Frota, Simone Guimarães e Socorro Lira son catro compositoras de diferentes rexións do Brasil, con diferentes historias, experiencias e influencias musicais e, porén, unidas pola sensibilidade e pola habilidade na arte da composición. Uxía participa no CD, que se presenta o día 7 de marzo en Sao Paulo, acompañando a Saraiva no tema “Miragem”.

O resultado da unión de estas e outras artistas como Luhli, Lucina, Ceumar, Clarisse Grova, Lucila Novaes, Ana Cascardo, Cris Lemos, Carla Visi ou Irah Caldeira é un disco dunha diversidade rítmica e melódica sorprendente, unha importante contribución á MPB de cada Canto do Brasil.

+ info na web de Verdes Trigos

Peret, Premio da Música a Toda unha Vida

Peret © Pilar Hurtada, Festival Pirineos Sur

A xunta directiva da Academia de las Artes y las Ciencias de la Música decidiu, por unanimidade, conceder a Pere Pubill Calaf, Peret, o Premio a Toda Unha Vida da XIV edición dos Premios da Música, que se celebrará o 4 de marzo no Teatro Häagen Dasz Calderón de Madrid.

Peret regresou nos 90 e ata hoxe segue gravando e coidando un legado que ten continuidade. En 2009, regalounos un soberbio repaso ás melodías que marcaron a súa infancia, como “Rascayú” ou “María de la O”, no disco De los cobardes nunca se ha escrito nada.

Máis información en:
MySpace de Peret

Daara J Family anuncia novo disco

e-card-djf-v3-english

Daara J Family ven de anunciar que sacará novo disco en 2010. Despois do éxito de Boomerang, os rapeiros máis coñecidos do Senegal publicarán School of Life o 26 de abril, aínda que xa nos avanzan o clip do primeiro single, “Tomorrow”:

Máis información, no seu myspace

Marc Parrot en RNE

Marc Parrot falou hoxe en RNE do espectáculo que presentará esta noite ás 22 horas no Auditorio Municipal de Ourense e mañá, sábado 6 de febreiro, ás 21 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Un espectáculo único, ‘50 anos da Nova Cançó‘, no que revisa desde parámetros actuais os temas máis emblemáticos daquel movemento musical que nos 60 e 70 pariu temas que uniron á súa forza musical a súa potencia como ferramentas de contestación política. Unha ocasión de volver escoitar clásicos de Lluis Llach, Maria del Mar Bonet, Serrat, Raimon, Ovidi Montllor…