Erik Truffaz*

Erik Truffaz

Erik Truffaz é un recoñecido trompetista francés, no que se percibe a pegada de Miles Dives, pero que transita por horizontes amplos. Con traballos como The Dawn, The Mask e Mantis causou unha revolución no jazz europeo, introducindo novas linguaxes urbanas como o acid-jazz, o hip hop e o dance, sen esquecer o seu pasado roqueiro. A finais de 2008 editou o seu último disco. Rendez-vous é un álbum triplo resultado dun encontro entre culturas, estilos e artistas. Na primeira parte, París, conta coa colaboración de Sly Johnson, voz de Saïan Supa Crew e beatboxer habitual de Camille. A segunda, Benares, recolle temas gravados na India coa vocalista Indrani Mukherjee, o tablista Aurba Mukherjee e o pianista Malcolm Braff. Por último, México xorde do encontro con Murcof, orixinal polas súas mesturas de electrónica e música clásica.

Máis información en:
Web oficial de Erik Truffaz
MySpace Erik Truffaz
Blog Erik Truffaz