Jan Garbarek*

jan-garbararek1

A obra de Coltrane supuxo a porta de entrada no jazz para o saxofonista noruegués Jan Garbarek, influído tamén por outros músicos comprometidos coa liberdade interpretativa como Pharoah Sanders, Archie Shepp, Dexter Gordon ou Johnny Griffin. A mediados dos 60 experimentou un xiro ao traballar con Don Cherry, pioneiro xunto a Ornette Coleman do free jazz e gurú da World Music. Cherry animou a Garbarek a explorar o potencial do folclore escandinavo para levalo á improvisación, senda que abriu co álbum Triptykon. Outro fito da súa carreira foi a colaboración co pianista Keith Jarret, co que gravou My song, un referente para varias xeracións de músicos. E o seu maior éxito foi I Took Up The Runes, cun cuarteto ao carón do batería Manu Katché, o contrabaixista Eberhard Weber e o pianista Rainer Brüninghaus, a súa banda actual.

Máis información en:
Web de Jan Garbarek
MySpace Jan Gargarek