Angélique Kidjo*

angelique-kidjo

Angélique Kidjo é unha vocalista e compositora de Ouidah (Benín) que canta en fon, francés, yoruba, inglés, swahili e zilin e une sons dance con ritmos tradicionais da súa terra. A súa potente voz e a súa presenza escénica acadaron unha gran repercusión internacional. Foi nominada aos Grammy en catro ocasións e gañadora co álbum Djin Djin (2007), que recolle colaboracións de Carlos Santana, Alicia Keys, Joss Stone, Peter Gabriel, Amadou and Mariam, Ziggy Marley, Josh Groban e Branford Marsalis. As súas influencias musicais van do afropop, o caribbean zouk e a rumba do Congo ao jazz, o funk, o gospel e a música latina. E os seus ídolos son Bella Bellow, James Brown, Aretha Franklin, Jimi Hendrix, Miriam Makeba e Carlos Santana.

A comezos de 2010, Kidjo publicou un novo disco, Oyo, no que volve ás súas raíces para interpretar a música que inspirou a súa infancia: Aretha Franklin, Curtis Mayfield, Otis Redding, James Brown e Makeba, ademais das cancións de Benin e da música tradicional das películas de Hollywood e Bollywood.

Kevin J. Custer dirxiu o clip do primeiro single do disco, “You Can Count On Me”, que podedes ver aquí:

Angelique Kidjo - “You Can Count On Me” from Kevin J Custer on Vimeo.

As primeiras críticas na prensa española:
Ricardo Aguilera, en El Mundo: “La voz telúrica de Angelique Kidjo tiene la virtud de hipnotizar al oyente”.
Miguel Botella, na Rockdelux: “En su lengua yoruba, en inglés o en francés, Angélique Kidjo se erige como una eficaz embajadora de la África contemporánea”.

Máis información en:
Web de Angélique Kidjo
MySpace Angélique Kidjo