Eliseo Parra*

Eliseo Parra

Este meticuloso arqueólogo da música tradicional de toda España bríndanos a súa nova xira xunto á súa banda de sempre. Unha década despois do seu emblemático álbum Tribus Hispanas, presenta Diez, un disco conmemorativo que fai un percorrido polas súas cancións máis significativas, tamén dos traballos Viva quien sabe querer e De Ayer Mañana, e que integra algún tema novo. A súa fusión entre o tradicional e o contemporáneo continúa alimentando as súas creacións, ademais da súa recoñecida achega á vangarda musical como embaixador do folclore español en todo o mundo.

Máis información en:
Web oficial de Eliseo Parra
MySpace Eliseo Parra