
A No Smoking Orchestra é unha banda creada na convulsionada Sarajevo de 1980 por Nelle Karajlic, hoxe liderada polo cineasta Emir Kusturica. Pensada como unha agrupación anarco-punk, sen esquecer as súas raíces, mestura ritmos balcánicos, xitanos, centroeuropeos e mesmo árabes, cunha visión jazzística e un espírito rock. Botáronse de novo á estrada nunha xira cun repertorio que revisa temas das bandas sonoras dos filmes de Kusturica, mesmo as composicións realizadas para a readaptación para ópera de The time of the Gypsies, incluídas no seu último disco.
Máis información en:
Web de TNSO
MySpace Emir Kusturica & TNSO
