Fanfare Ciocarlia*

fanfare-ciocarlia

Os músicos de Fanfare Ciocarlia proceden de Zece Prajani, un pobo ao leste de Romanía situado ao final dun camiño imposible ao pe das montañas. Con ironía eles din que veñen da fin do mundo, un lugar perfecto para aprender desde pequenos a arte da jam-session cigana, transmitida de xeración en xeración en toda a rexión dos Balcáns, para acompañar vodas, bautizos e outras cerimonias. Fanfare Ciocârlia caracterízase por ter na súa banda aos intérpretes máis rápidos do mundo. Das súas voces, tubas, trompas, saxos, trompetas, trombóns, clarinetes e percusións saen vertixinosas melodías, que van do funk balcánico á rumba flamenca e da fanfarria rumana ao folk macedonio, pasando polo pop xitano e o folk búlgaro. Os seus concertos son unha festa sen fin.

Máis información en:
Web oficial de Fanfare Ciocarlia
MySpace Fanfare Ciocarlia