Femi Kuti*

femi_kuti

Fillo do mítico líder nixeriano Fela Anikulapo Kuti, Femi Anikulapo Kuti herdou con éxito o legado do seu pai creando un son inspirado no baile, cun saxofón dinámico que recorda ao soul. É o rei do afrobeat que consiste nunha combinación de música Yoruba, jazz, highlife e funk , popularizado en África nos anos 70. Femi tocou en festivais internacionais de Londres, Toquio ou Los Ángeles. É a voz do DJ do xogo “Grand Theft Auto”. Humanista e Embaixador de boa vontade de UNICEF, gran activista político, fundou o Movemento político contra unha segunda escravitude. Nada é máis alucinante e embriagador que a súa banda de afrobeat de catorce músicos.

Máis información en:
MySpace de Femi Kuti