
Peret gravou os seus primeiros singles hai cincuenta anos. Dende entón as súas cancións convertéronse en auténticos hits, levando ao terreo da rumba calquera estilo musical, cun pé posto no flamenco e outro en Elvis Presley, Pérez Prado ou Beny Moré. Todo un prodixio da xitanería, co son máis urbano, que deu a volta ao mundo con cancións como “Borriquito como tú” e “Una lágrima”, e que gañou seguidores xeración tras xeración. Hoxe está máis creativo e enérxico que nunca e ten un obxectivo claro: recuperar a esencia da rumba para os máis novos. O seu último disco, Que levante el dedo, é unha crónica social en dez temas novos.
Máis información en:
MySpace de Peret
