Rokia Traoré*

Rokia Traore, by Richard Dumas

Rokia Traoré sorprende no seu último disco con novas sonoridades, a partir da introdución dunha vella Gretsch, a clásica guitarra eléctrica das bandas de rockabilly dos anos cincuenta e sesenta. Tchamantché é un álbum africano, pero non soa como a maioría dos discos de World Music. Atrae tanto aos amantes do blues coma do rock. Cantado na súa maior parte en bambara, unha das linguas de Mali, contén letras reflexivas e fascinantes. O acompañamento inclúe tamén o n’goni, o laúde diminuto de África Occidental e unha auténtica caixa de ritmos humana, a estrela do hip hop Sly Johnson. Este disco marca a última etapa da artista, na que transformou a concepción occidental da música africana cunha visión máis experimental, xa presente no seu anterior traballo, Bowmboi.

Máis información en:
Web de Rokia Traoré
MySpace Rokia Traoré