Tony Allen*

tony-allen

Fela Kuti adoitaba dicir que ter a Tony Allen na súa banda era como ter a cinco baterías. Se Kuti foi quen dotou de cara, identidade e ideoloxía ao afrobeat, Allen foi o creador do seu son, co seu estilo polirrítmico único. O mítico batería nixeriano publicou novo disco en xuño de 2009. Secret Agent é unha maxestuosa demostración desas raíces afrobeat, con clásicos riffs de guitarra, teclados funky e un grupo composto por músicos de Nixeria, Camerún, Martinica e Francia. As letras dos temas -en yoruba, inglés e orobo- chaman á resistencia e á loita contra a represión.

Máis información en:
Web de Tony Allen
Myspace de Tony Allen