
Toumani Diabaté está recoñecido como o mellor músico do mundo de kora, unha variante da arpa con 21 cordas, propia do folclore de África Occidental. A súa música ten unha expresividade e beleza que provén do poder da antiga tradición de griot de Mali, á que el incorpora novos aires, como o jungalbandi (diálogo musical entre dous instrumentos) da India. Con In the Heart of the Moon, a dúo co gran Ali Farka Touré, obtén o Grammy ao mellor álbum de World Music en 2005. Deseguido sae á venda o seu primeiro disco coa Symmetric Orchestra, chamado Boulevard de l´Independance. O máis recente é The Mande Variations, para o que conta cunha nova formación acústica nos directos.
Máis información en:
MySpace Toumani Diabaté
