Este grupo de folk contemporáneo finés celebra o seu 25 aniversario cun disco que resume a fascinante historia dunha banda da que forman parte algúns dos mellores músicos do rock e o folk do seu país. A súa nota de identidade nace do son vocal, con fondas raíces no canto feminino tradicional. As cantantes deste exitoso grupo transmiten a alegría e o espírito da diversión sen renunciar ao contaxio de emocións. Mesturan poesía, ritmos complexos e instrumentacións acústicas tradicionais e contemporáneas nun espectáculo no que os grandes protagonistas son o baile e a diversión.
Máis información en:
Web de Värttinä
MySpace Värttinä

