Kid Loco*

kid-loco

Jean Yves Prieur, alias Kid Loco, é un disc jockey francés, que combina a súa faceta de creador coa de produtor. O seu estilo tense comparado co de grupos como Air, Saint Etienne e Stereolab. Acadou sona tralo éxito do seu disco A Grand Love Story, editado en 1997 e do que se venderon 150.000 copias, e co álbum de mesturas que fixo para a serie Another Late Night de Azuli Records. Realizou colaboracións con, entre outros, Jarvis Cocker, Quinn e Mogwai. Ademais, produciu discos de Departure Lounge, Quinn, Tanger e Captain K Verne. O seu último traballo publicouse en 2008 co título Party Animals & Disco Biscuits e é a base da súa xira actual.

Máis información en:
Web de Kid Loco