
Daara J é un dos grupos de rap máis coñecidos dentro e fóra de Senegal. Gañadores do Best World Music Award da BBC Radio 3 e nomeados para os Mobo Awards polo seu terceiro traballo, Boomerang, a súa música parte dunha melodía excelente para xogar cos límites do hip hop, do reaggae, do R&B e da música caribeña. Daara J Family está formado por dous cantantes, dous músicos e un DJ que contan con máis de 1500 actuacións en todo o mundo, colaboracións con artistas de luxo como Ojos de Brujo ou Damon Albarn e traballos editados en 20 países.
Máis información en:
MySpace Daara J Family
