Despois dunha exitosa xira por Portugal, Kimmo Pohjonen pasou polo InterParla, o Sonar e Pireneos Sur, onde mostrou que o acordeón e a vangarda camiñan xuntos. Demóstrao xunto a músicos de King Crimson en KTU (en xira en xullo), xunto a Samuli Kosminen (que traballa habitualmente cos islandeses de Múm) en Kluster e no seu espectáculo en solitario, onde Kimmo Pohjonen transforma o seu acordeón nunha guitarra ou nun tambor. Os samplers e o looping teñen lugar en tempo real, o que lle permite formar dúos ou quintetos consigo mesmo, co seu son distorsionado.
Máis información en:
Web de Kimmo Pohjonen
MySpace Kimmo Pohjonen

