Ryuichi Sakamoto*

sakamoto

Ryuichi Sakamoto volveu aos escenarios en 2009 con Playing the Piano, unha gravación en directo dos seus temas máis coñecidos, e Out of Noise, o seu primeiro álbum en solitario en cinco anos. O artista xaponés actúa só por primeira vez desde 2000, unha ocasión única para captar a esencia da súa carreira neste momento, na que mestura con mestría o acústico co electrónico. Sakamoto buscou sempre a ruptura das barreiras entre a música e a tecnoloxía. Experimentou con xéneros tan diversos como o pop e a música sinfónica. Membro fundador do mítico grupo Yellow Magic Orchestra (YMO), compuxo bandas sonoras para dezaoito películas, entre as que destacan Benvido Mr. Lawrence, O Último Emperador, coa que obtivo un Óscar e un Grammy, O Ceo Protector e, ultimamente, Femme Fatale de Brian DePalma.

Máis información en:
Web de Ryuichi Sakamoto
Flickr Ryuichi Sakamoto