Maré é o oitavo disco de Adriana Clacanhoto e, ademais, é o segundo dunha triloxía centrada no mar. “E tal vez por estar entre o primeiro e o terceiro é que resultou pensado entre a muller e o peixe, entre a palabra e a maraña cuántica, entre a linguaxe e o indivisible”, como define a propia artista. Para a súa confección reuniu músicos, compositores e produtores e viaxou a España e Xapón, o que lle permitiu tocar en vivo antes da gravación. O repertorio foi xurdindo con naturalidade nese camiño e agora volve ao directo para medrar nunha segunda vida durante a nova xira da cantante.
Máis información en:
Web de Adriana Calcanhotto
Myspace de Adriana Calcanhotto

