João Afonso

João Afonso, barco voador

João Afonso bebe das fontes da música urbana africana do seu Mozambique natal e da música popular portuguesa, á que chegou a través do seu tío Zeca Afonso. O seu último traballo, Um Redondo Vocábulo, ofrece precisamente unha ollada diferente e intimista sobre a obra poética e musical de Zeca, un músico imprescindible na historia recente de Portugal. Trátase dun recital único que debulla algunhas das cancións máis fermosas e menos coñecidas de Zeca Afonso ao tempo que traza un belo e delicado percorrido pola música portuguesa contemporánea. Um Redondo Vocábulo é unha experiencia humana nova e intensa, un testemuño inédito de como a memoria familiar dos Afonso se funde no legado musical colectivo do seu país.

Alén deste recente proxecto, João segue a presentar o espectáculo Outra Vida, que revela o mellor da súa produción discográfica. Acompáñase dunha banda versátil de seis músicos, capaz de contaxiar o público cos sons quentes e inspirados de João Afonso.

Máis información en:
Web de João Afonso
Myspace de João Afonso