
O último disco de Nancy Vieira, Lus, que foi publicado no 2009 en España, é un punto de encontro entre as raíces caboverdianas e a universalidade musical da súa intérprete. Mestura perfecta de sonoridades africanas como a morna, a coladeira, o funaná ou o batuque con sons de Brasil, de Peru ou de Cuba, Lus é un canto á coraxe e ao amor, á nostalxia e á alegría, á esperanza e á festa. O último disco dunha voz doce e sutil, que exhibe ritmo, firmeza e sentimento. Para Nancy Vieira, Cabo Verde é a faísca, a inspiración, e o mundo é o combustible que a alimenta.
Máis informacións en:
Web de Nancy Vieira
MySpace de Nancy Vieira
